Estevo V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estevo V, Papa»)
Estevo V, papa
Lugar de nacementoRoma
Falecemento14 de setembro de 891
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
Na rede
WikiTree: Di_Roma-38
editar datos en Wikidata ]
Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo, papa electo

Estevo V (VI), nado en Roma en data descoñecida e morto o 14 de setembro de 891, foi papa desde o ano 885 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estevo, nacido en Roma de familia nobre, antes de ser papa era cardinal dos Santi Quattro Coronati.

Sucedeu a Hadrián III e foi sucedido polo papa Formoso.

Nas relacións con Constantinopla, sobre a cuestión do patriarca Focio, e tamén nas relacións coa nova Igrexa eslavónica, proseguiu a política do papa Nicolao I.

Ambos refusaron lograr do emperador bizantino León IV que Focio, o cal buscaba unha política de independencia a respecto de Roma, fose relegado nun mosteiro.

O 21 de febreiro de 891 Estevo V coroou como emperador a Guido de Spoleto, despeitado por lle negar o emperador Carlos III o Gordo a súa axuda contra os sarracenos (aínda que soubo esperar ata que Carlos morreu).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Biagia Catanzaro, Francesco Gligora, Breve Storia dei papi, da San Pietro a Paolo VI, Padova 1975, páx. 98

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.