Nova York: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Século XXI: arranxiños
Sen resumo de edición
Liña 118: Liña 118:
A pesar de estar na mesma latitude que [[Galicia]], moito máis cálida, Nova York ten un clima húmido continental, resultado dos constantes ventos que traen aire frío desde o interior do continente americano.<ref name="Clima de NY">{{cita web|título=The Climate of New York|editor=New York State Climate Office|url=http://nysc.eas.cornell.edu/climate_of_ny.html|dataacceso=27-3-2007}}</ref> Nova York posúe invernos fríos, mais o emprazamento costeiro da urbe, mantén as temperaturas un pouco máis elevadas que nas rexións interiores, axudando a moderar a cantidade de neve, 63,5 a 88,9&nbsp;cm ao ano de media.<ref name="Clima de NY"/> A cidade ten un período temperado que dura unha media de 199 días entre as xeadas estacionais.<ref name="Clima de NY" /> A primavera e o outono son erráticos, e poden variar desde frío e nevado a cálido e húmido. O verán é temperado e húmido, con temperaturas de 30&nbsp;°C ou máis cun termo medio entre 18 e 25 días cada verán.<ref name="Clima de NY" />
A pesar de estar na mesma latitude que [[Galicia]], moito máis cálida, Nova York ten un clima húmido continental, resultado dos constantes ventos que traen aire frío desde o interior do continente americano.<ref name="Clima de NY">{{cita web|título=The Climate of New York|editor=New York State Climate Office|url=http://nysc.eas.cornell.edu/climate_of_ny.html|dataacceso=27-3-2007}}</ref> Nova York posúe invernos fríos, mais o emprazamento costeiro da urbe, mantén as temperaturas un pouco máis elevadas que nas rexións interiores, axudando a moderar a cantidade de neve, 63,5 a 88,9&nbsp;cm ao ano de media.<ref name="Clima de NY"/> A cidade ten un período temperado que dura unha media de 199 días entre as xeadas estacionais.<ref name="Clima de NY" /> A primavera e o outono son erráticos, e poden variar desde frío e nevado a cálido e húmido. O verán é temperado e húmido, con temperaturas de 30&nbsp;°C ou máis cun termo medio entre 18 e 25 días cada verán.<ref name="Clima de NY" />


En Nova York hai rexistros de [[furacán]]s, como o ocorrido en 1981 que inundou o sur de Manhattan, ou o de 1938 que matou a máis de 700 persoas, a maioría de elas na rexión de [[Nova Inglaterra]]; aínda que estes fenómenos atmosféricos son pouco frecuentes.
En Nova York hai rexistros de [[furacán]]s, como o ocorrido en 1981 que inundou o sur de Manhattan, ou o de 1938 que matou a máis de 700 persoas, a maioría delas na rexión de [[Nova Inglaterra]]; aínda que estes fenómenos atmosféricos son pouco frecuentes.


{|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%"
{|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%"
Liña 271: Liña 271:
As dúas características chave da demografía da cidade son a súa [[densidade de poboación]] e a súa [[diversidade cultural]]. Ten a densidade máis alta (10.194 hab/[[quilómetro cadrado|km²]]) de calquera municipalidade estadounidense cunha poboación de máis de 100.000.<ref>[http://factfinder.census.gov/servlet/GCTTable?_bm=y&-geo_id=&-ds_name=DEC_2000_SF1_U&-_lang=en&-mt_name=DEC_2000_SF1_U_GCTPH1R_US13S&-format=US-13|US-13S&-CONTEXT=gct United States -- Places and (in selected states) County Subdivisions with 50,000 or More Population; and for Puerto Rico], United States Census Bureau United States Census (2000). Consultado o 6 de agosto de 2010.</ref> A densidade do condado de Nova York (25.846 hab./[[quilómetro cadrado|km²]]) é a máis alta de todos os condados do país.<ref>[http://gislounge.com/features/aa041101c.shtml "Population Density"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070210010305/http://gislounge.com/features/aa041101c.shtml |date=10 de febreiro de 2007 }}, Geographic Information Systems - GIS of Interest. Consultado o 6 de agosto de [[2010]].</ref>
As dúas características chave da demografía da cidade son a súa [[densidade de poboación]] e a súa [[diversidade cultural]]. Ten a densidade máis alta (10.194 hab/[[quilómetro cadrado|km²]]) de calquera municipalidade estadounidense cunha poboación de máis de 100.000.<ref>[http://factfinder.census.gov/servlet/GCTTable?_bm=y&-geo_id=&-ds_name=DEC_2000_SF1_U&-_lang=en&-mt_name=DEC_2000_SF1_U_GCTPH1R_US13S&-format=US-13|US-13S&-CONTEXT=gct United States -- Places and (in selected states) County Subdivisions with 50,000 or More Population; and for Puerto Rico], United States Census Bureau United States Census (2000). Consultado o 6 de agosto de 2010.</ref> A densidade do condado de Nova York (25.846 hab./[[quilómetro cadrado|km²]]) é a máis alta de todos os condados do país.<ref>[http://gislounge.com/features/aa041101c.shtml "Population Density"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070210010305/http://gislounge.com/features/aa041101c.shtml |date=10 de febreiro de 2007 }}, Geographic Information Systems - GIS of Interest. Consultado o 6 de agosto de [[2010]].</ref>


No transcurso da historia neiorquina, a cidade foi un dos principais portos de entrada de [[inmigración|inmigrantes]]; o termo ''melting pot'' acuñouse para describir os barrios de inmigrantes, densamente poboados, da [[Lower East Side]]. Na actualidade, o 36% dos habitantes da cidade naceron no estranxeiro,<ref name="NYC immigration">{{cita web |título=The Newest New Yorkers: 2000 |editor=New York City Department of City Planning |data=2005 |url=http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_briefing_librolet.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010 |lingua=inglés }}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> cifra que no país só superan [[Os Ánxeles]] ([[California]]) e [[Miami]] ([[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]).<ref>[http://www.census.gov/census2000/states/ny.html Censo 2000]</ref> Porén, mentres que as comunidades inmigrantes das outras cidades son dominadas por unhas poucas nacionalidades, en Nova York ningunha nacionalidade ou rexión é predominante. Os dez principais países de orixe de inmigrantes son: a [[República Dominicana]], [[República Popular da China|China]], [[Xamaica]], [[Güiana]], [[Paquistán]], [[Ecuador]], [[Haití]], [[Trinidad e Tobago]], [[Colombia]] e [[Rusia]].<ref>{{cita web |título=Appendix Table 5-4: Ten Largest Sources of the Foreign-Born by County New York Metropolitan Region, 2000 |editor=New York City Department of City Planning |data=2005 |url=http://home2.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_table_5_4.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070614001800/http://home2.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_table_5_4.pdf |dataarquivo=14 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref> Na cidade fálanse uns 170 idiomas diferentes.<ref name="languages in NYC">{{cita web |editor=New York State Office of the State Comptroller|título=Queens: Economic Development and the State of the Borough Economy |data=Xuño 2006 |url=http://www.osc.state.ny.us/osdc/rpt3-2007queens.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010|lingua=inglés}}</ref>
No transcurso da historia neiorquina, a cidade foi un dos principais portos de entrada de [[inmigración|inmigrantes]]; o termo ''melting pot'' cuñouse para describir os barrios de inmigrantes, densamente poboados, da [[Lower East Side]]. Na actualidade, o 36% dos habitantes da cidade naceron no estranxeiro,<ref name="NYC immigration">{{cita web |título=The Newest New Yorkers: 2000 |editor=New York City Department of City Planning |data=2005 |url=http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_briefing_librolet.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010 |lingua=inglés }}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> cifra que no país só superan [[Os Ánxeles]] ([[California]]) e [[Miami]] ([[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]).<ref>[http://www.census.gov/census2000/states/ny.html Censo 2000]</ref> Porén, mentres que as comunidades inmigrantes das outras cidades son dominadas por unhas poucas nacionalidades, en Nova York ningunha nacionalidade ou rexión é predominante. Os dez principais países de orixe de inmigrantes son: a [[República Dominicana]], [[República Popular da China|China]], [[Xamaica]], [[Güiana]], [[Paquistán]], [[Ecuador]], [[Haití]], [[Trinidad e Tobago]], [[Colombia]] e [[Rusia]].<ref>{{cita web |título=Appendix Table 5-4: Ten Largest Sources of the Foreign-Born by County New York Metropolitan Region, 2000 |editor=New York City Department of City Planning |data=2005 |url=http://home2.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_table_5_4.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070614001800/http://home2.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/nny_table_5_4.pdf |dataarquivo=14 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref> Na cidade fálanse uns 170 idiomas diferentes.<ref name="languages in NYC">{{cita web |editor=New York State Office of the State Comptroller|título=Queens: Economic Development and the State of the Borough Economy |data=Xuño 2006 |url=http://www.osc.state.ny.us/osdc/rpt3-2007queens.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010|lingua=inglés}}</ref>


A área metropolitana é lar da maior comunidade [[xudaísmo|xudía]] fóra de [[Israel]]. De feito, a poboación xudía de [[Tel Aviv]] é superada en número pola de Nova York. Un 12% dos neoiorquinos son xudeus ou de ascendencia xudía.<ref>{{cita web |título=Jewish Community Study of New York |editor=United Jewish Appeal-Federation of New York |data=2002 |url=http://www.ujafedny.org/atf/cf/%7BAD848866-09C4-482C-9277-51A5D9CD6246%7D/JCommStudyIntro.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070614001800/http://www.ujafedny.org/atf/cf/%7BAD848866-09C4-482C-9277-51A5D9CD6246%7D/JCommStudyIntro.pdf |dataarquivo=14 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref> É tamén fogar dun cuarto dos [[aboríxe]]s da nación,<ref>{{cita web |título=Census Profile:New York City's Indian American Population |editor=Asian American Federation of New York |data=2004 |url=http://www.aafny.org/cic/briefs/indianamer.pdf |formato=PDF |dataacceso=28-3-2007}}</ref> e da comunidade negra máis grande de calquera cidade do país.
A área metropolitana é lar da maior comunidade [[xudaísmo|xudía]] fóra de [[Israel]]. De feito, a poboación xudía de [[Tel Aviv]] é superada en número pola de Nova York. Un 12% dos neoiorquinos son xudeus ou de ascendencia xudía.<ref>{{cita web |título=Jewish Community Study of New York |editor=United Jewish Appeal-Federation of New York |data=2002 |url=http://www.ujafedny.org/atf/cf/%7BAD848866-09C4-482C-9277-51A5D9CD6246%7D/JCommStudyIntro.pdf |formato=PDF |dataacceso=6 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070614001800/http://www.ujafedny.org/atf/cf/%7BAD848866-09C4-482C-9277-51A5D9CD6246%7D/JCommStudyIntro.pdf |dataarquivo=14 de xuño de 2007 |urlmorta=si }}</ref> É tamén fogar dun cuarto dos [[aboríxe]]s da nación,<ref>{{cita web |título=Census Profile:New York City's Indian American Population |editor=Asian American Federation of New York |data=2004 |url=http://www.aafny.org/cic/briefs/indianamer.pdf |formato=PDF |dataacceso=28-3-2007}}</ref> e da comunidade negra máis grande de calquera cidade do país.
Liña 277: Liña 277:
Os catro grupos étnicos máis importantes (con excepción dos caucásicos) da cidade son: [[porto Rico|portorriqueños]], [[italia]]nos, [[República Dominicana|dominicanos]] e [[República Popular da China|chineses]].<ref name="acs_socio_05">{{cita web|título=NYC2005 — Results from the 2005 American Community Survey : Socioeconomic Characteristics by Race/Hispanic Origin and Ancestry Group|editor=New York City Department of City Planning|url=http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/acs_socio_05_nyc.pdf|formato=PDF|data=2005|dataacceso=6 de agosto de 2010}}; [http://www.nyc.gov/html/dcp/html/census/popacs.shtml Population Division American Community Survey], New York City Department of City Planning</ref> A poboación portorriqueña de Nova York é a máis grande fóra de Porto Rico.<ref>Archive of the Mayor's Press Office, [http://www.nyc.gov/html/om/html/98a/pr256-98.html ''Mayor Giuliani Proclaims Puerto Rican Week in New York City''], 9 de xuño de 1998.</ref>
Os catro grupos étnicos máis importantes (con excepción dos caucásicos) da cidade son: [[porto Rico|portorriqueños]], [[italia]]nos, [[República Dominicana|dominicanos]] e [[República Popular da China|chineses]].<ref name="acs_socio_05">{{cita web|título=NYC2005 — Results from the 2005 American Community Survey : Socioeconomic Characteristics by Race/Hispanic Origin and Ancestry Group|editor=New York City Department of City Planning|url=http://www.nyc.gov/html/dcp/pdf/census/acs_socio_05_nyc.pdf|formato=PDF|data=2005|dataacceso=6 de agosto de 2010}}; [http://www.nyc.gov/html/dcp/html/census/popacs.shtml Population Division American Community Survey], New York City Department of City Planning</ref> A poboación portorriqueña de Nova York é a máis grande fóra de Porto Rico.<ref>Archive of the Mayor's Press Office, [http://www.nyc.gov/html/om/html/98a/pr256-98.html ''Mayor Giuliani Proclaims Puerto Rican Week in New York City''], 9 de xuño de 1998.</ref>


Nova York ten unha grande disparidade de ingresos. No 2005 o ingreso medio por fogar e na zona máis rica era de $188.697 anuais, mentres que nas zonas máis pobres era de $9.320.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Roberts, Sam |título=In Manhattan, Poor Make 2 Cents for Each Dollar to the Rich |editor=The New York Times |data=9 de abril, [[2005]] |url=http://www.fiscalpolicy.org/SamRoberts4Sep05.htm |dataacceso=}}</ref> A cidade tamén experimentou un ''baby boom''. Desde o 2000, o número de nenos menores de cinco anos en Manhattan creceu un 32%.<ref>{{Cita publicación periódica|título=In Surge in Manhattan Toddlers, Rich White Families Lead Way |autor=Roberts, Sam |editor=The New York Times |lingua=inglés|data=27-3-2007 |url= http://www.nytimes.com/2007/03/23/nyregion/23kid.html|dataacceso=}}</ref>
Nova York ten unha gran disparidade de ingresos. No 2005 o ingreso medio por fogar e na zona máis rica era de $188.697 anuais, mentres que nas zonas máis pobres era de $9.320.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Roberts, Sam |título=In Manhattan, Poor Make 2 Cents for Each Dollar to the Rich |editor=The New York Times |data=9 de abril, [[2005]] |url=http://www.fiscalpolicy.org/SamRoberts4Sep05.htm |dataacceso=}}</ref> A cidade tamén experimentou un ''baby boom''. Desde o 2000, o número de nenos menores de cinco anos en Manhattan creceu un 32%.<ref>{{Cita publicación periódica|título=In Surge in Manhattan Toddlers, Rich White Families Lead Way |autor=Roberts, Sam |editor=The New York Times |lingua=inglés|data=27-3-2007 |url= http://www.nytimes.com/2007/03/23/nyregion/23kid.html|dataacceso=}}</ref>


O 33% dos neoiorquinos son donos das propiedades nas que viven, unha cifra moito menor que a media nacional, do 69%.<ref>{{Cita web |url=http://www.whitehouse.gov/infocus/homeownership/ |título=Homeownership |data-acceso=06 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090117020938/http://www.whitehouse.gov/infocus/homeownership/ |dataarquivo=17 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
O 33% dos neoiorquinos son donos das propiedades nas que viven, unha cifra moito menor que a media nacional, do 69%.<ref>{{Cita web |url=http://www.whitehouse.gov/infocus/homeownership/ |título=Homeownership |data-acceso=06 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090117020938/http://www.whitehouse.gov/infocus/homeownership/ |dataarquivo=17 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
Liña 296: Liña 296:
Un terzo dos [[cine independente|filmes independentes]] estadounidenses prodúcense en Nova York.<ref name="NYC Media">{{cita web |título=Request for Expressions of Interest |editor=The Governors Island Preservation & Education Corporation |data=2005 |url=http://www.govisland.com/PDFs/RFEI/RFEI.pdf |formato=PDF |dataacceso=26-3-2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080802030053/http://www.govisland.com/PDFs/RFEI/RFEI.pdf |dataarquivo=02-08-2008 |urlmorta=si }}</ref> Máis de 200 periódicos e 350 revistas teñen unha oficina na cidade e a industria editorial emprega arredor de 25.000 persoas.<ref>{{cita web |título=Media and Entertainment |editor=New York City Economic Development Corporation |url=http://www.nycedc.com/Web/NYCBusinessClimate/IndustryOverviews/MediaEntertainment/MediaEntertainment.htm |dataacceso=19-7-2006 | lingua=lingua inglesa}}</ref>
Un terzo dos [[cine independente|filmes independentes]] estadounidenses prodúcense en Nova York.<ref name="NYC Media">{{cita web |título=Request for Expressions of Interest |editor=The Governors Island Preservation & Education Corporation |data=2005 |url=http://www.govisland.com/PDFs/RFEI/RFEI.pdf |formato=PDF |dataacceso=26-3-2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080802030053/http://www.govisland.com/PDFs/RFEI/RFEI.pdf |dataarquivo=02-08-2008 |urlmorta=si }}</ref> Máis de 200 periódicos e 350 revistas teñen unha oficina na cidade e a industria editorial emprega arredor de 25.000 persoas.<ref>{{cita web |título=Media and Entertainment |editor=New York City Economic Development Corporation |url=http://www.nycedc.com/Web/NYCBusinessClimate/IndustryOverviews/MediaEntertainment/MediaEntertainment.htm |dataacceso=19-7-2006 | lingua=lingua inglesa}}</ref>


As catro canles principais de televisión dos Estados Unidos, [[American Broadcasting Company|ABC]], [[CBS]], [[Fox Broadcasting Company|FOX]] e [[NBC]], teñen a súa sede en Nova York, así como tamén moitas canles de cable, como [[MTV]], [[Fox News Channel|Fox News]], [[HBO]] e [[Comedy Central]].
As catro canles principais de televisión dos Estados Unidos, [[American Broadcasting Company|ABC]], [[CBS]], [[Fox Broadcasting Company|FOX]] e [[NBC]], teñen a súa sede en Nova York, así como moitas canles de cable, como [[MTV]], [[Fox News Channel|Fox News]], [[HBO]] e [[Comedy Central]].


== Cidades irmandadas ==
== Cidades irmandadas ==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2019 ás 16:52

Coordenadas: 40°43′0″N 74°0′0″O / 40.71667, -74.00000

Modelo:Cidade Nova York[1] (en inglés: New York; En-us-New_York.ogg /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos da América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.

As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").

Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.

Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

Datos

  • Superficie: 779,59 km²
  • Poboación: 8.274.527 hab. (2007)

A cidade divídese en cinco distritos, a poboación de cada un deles é:

Distritos de Nova York
     1. Manhattan: 1.537.195      2. Brooklyn: 2.465.326      3. Queens: 2.229.379      4. Bronx: 1.332.650      5. Staten Island: 443.728 Aeroportos: North East: LGA; South East: JFK; West: EWR

Ten 3 aeroportos (JFK, La Guardia e Newark), máis de 12.000 taxis, 490 estacións de metro e máis de 17.000 restaurantes. A poboación hispana é superior ós 2 millóns de persoas.

Nova York é tamén o centro da Área Metropolitana de Nova York, cunha poboación de 21.199.865 habitantes, unha das maiores do mundo.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de Nova York.

As primeiras referencias europeas datan de 1524, de Giovanni da Verrazzano. A rexión estaba habitada por indíxenas da tribo dos lenape. O explorador italiano, ao servizo da coroa francesa, bautizouna como Nouvelle Angoulême (Nova Angulema).[2] Os primeiros europeos en asentarse no actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses no 1614, que fundaron a cidade de Nova Amsterdam no 1625, e en 1626, o director da colonia, Peter Minuit, mercoulle a illa de Manhattan aos lenape [3] , e o lugar especializaríase no comercio das peles.

En 1664, os ingleses conquistaron a cidade e denominárona co nome de Nova York, na honra do Duque de York e Albany.[4] Ao final da segunda guerra anglo-holandesa, os neerlandeses quedaron co control da illa de Run, en Indonesia, a cambio de que os ingleses controlasen Nova Amsterdam. A comezos do século XVIII, a poboación lenape fora reducida a 200 habitantes.[5]

A cidade de Nova York gañou importancia como porto comercial baixo o Imperio británico. En 1754 fundouse a primeira casa de estudos da cidade, a Universidade de Columbia.[6]

Independencia estadounidense

Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, a cidade foi escenario dunha serie de importantes batallas coñecidas como «A campaña de Nova York e Nova Jersey». Finalizada a contenda, en Nova York reuniuse o Congreso Continental, e en 1789, o primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, foi anunciado no Federal Hall de Wall Street.[7] Nova York foi a capital dos Estados Unidos até o ano seguinte.

Século XIX

No século XIX, a inmigración e o desenvolvemento transformou a cidade. Unha visionaria proposta de futuro, o Commissioners' Plan of 1811, estendeu a grella urbana por toda a illa de Manhattan, e a apertura en 1819 da Canle de Eire conectou o porto atlántico cos vastos mercados agrícolas do interior de Norteamérica.[8] Para 1835, a cidade de Nova York superaba Filadelfia como a cidade máis grande dos Estados Unidos. A política local estaba baixo o dominio do Tammany Hall, un sistema de clientelismo político apoiado polos inmigrantes irlandeses.[9] Algúns membros da antiga aristocracia mercante contribuíron ao estabelecemento do Central Park, o cal se converteu no primeiro parque paisaxístico dunha cidade estadounidense en 1857. Por outra banda, un importante movemento abolicionista existiu en Manhattan e Brooklyn, e aínda que os escravos existiron en Nova York na década de 1820, para a década seguinte, Nova York converterase no centro de activismo abolicionista do Norte.

Mulberry Street, en Manhattan, ca. 1900.

Entre o 13 e 16 de xullo de 1863, a oposición ao servizo militar durante a guerra civil estadounidense (1861-1865) provocou unha serie de manifestacións violentas coñecidas como Draft Riots ou Draft Week; ditos eventos son considerados como un dos peores levantamentos civís da historia estadounidense.[10] En 1898, formouse a moderna cidade de Nova York coa anexión a Manhattan de Brooklyn (até aquela unha cidade independente) e municipalidades doutros distritos grazas a proxectos como a Ponte de Brooklyn.[11] A apertura do metro en 1904 axudou a unir a cidade. Na primeira metade do século XX, a cidade converteuse nun centro mundial para a industria, o comercio e as comunicacións.

Século XX

Nos anos vinte do século XX, a cidade era un destino principal para os afroamericanos durante a chamada «Gran migración» desde o sur estadounidense. En 1916, Nova York era o fogar da maior diáspora urbana africana en América do Norte. O renacemento de Harlem floreceu durante a era da prohibición, coincidindo cunha explosión económica que impulsou a construción de rañaceos. Nova York converteuse na cidade máis poboada do mundo en 1948, superando Londres, que ocupara o primeiro posto durante máis dun século. Durante os anos da Gran Depresión, Fiorello LaGuardia foi elixido como alcalde e propiciouse a caída do Tammany Hall logo de oitenta anos de poder.[12]

Vista área de Manhattan (1942)

A inmigración europea e o regreso dos veteranos da segunda guerra mundial motivaron o desenvolvemento económico e impulsaron a construción de vivendas ao leste de Queens. Nova York saíu da guerra como a principal cidade do mundo, con Wall Street liderando o ascenso dos Estados Unidos como a potencia económica dominante. O Cuartel Xeral das Nacións Unidas (construído en 1952) salientou a influencia política de Nova York e o ascenso do expresionismo abstracto na cidade desbancando a París do cumio no mundo da arte.[13] Na década de 1960 a cidade sufriu problemas económicos, aumento da taxa de crimes e racismo, que alcanzaron o seu pico na década seguinte.

Na década de 1980, un rexurdimento da industria financeira mellorou a saúde fiscal da cidade. Nos noventa, as tensións raciais calmáronse, os índices criminais caeron drasticamente e moitos inmigrantes chegaron dende Asia e América Latina. Novos sectores, como Silicon Alley (negocios de Internet), apareceron na economía da cidade, e a poboación de neoiorquinos acadou o seu máximo de todos os tempos no censo do 2000.

Século XXI

A cidade foi un dos obxectivos dos atentados do 11 de setembro de 2001, nos que case 3.000 persoas morreron nos ataques suicidas que se levaron a cabo cando 19 membros da rede terrorista Al-Qaeda secuestraron catro avións de pasaxeiros, dos cales dous, o Voo 11 de American Airlines e o Voo 175 de United Airlines foron estrelados contra as torres xemelgas do World Trade Center.

A One World Trade Center foi construída no mesmo sitio no que se atopaban as torres xemelgas,[14] converténdose no edificio máis alto do hemisferio occidental.

Xeografía

A área metropolitana de Nova York.

Nova York atópase no nordeste dos Estados Unidos, no sueste do estado de Nova York e no medio, aproximadamente, de Washington D.C. e Boston.[15] A súa localización na boqueira do río Hudson, que forma un porto naturalmente protexido e desemboca no océano Atlántico, axudou ao crecemento da cidade e á súa importancia como cidade comercial. A maior parte de Nova York está construída sobre tres illas: Manhattan, Staten Island e Long Island, facendo que o terreo edificábel sexa escaso e xerando así unha alta densidade de poboación.

O río Hudson flúe a través do val homónimo até a baía de Nova York. Entre Nova York e a cidade de Troy, o río convértese nun estuario.[16] O Hudson separa a cidade de Nova Jersey. O East River flúe desde o estreito de Long Island e separa Bronx e Manhattan de Long Island. O río Harlem, entre os ríos Este e Hudson, separa Manhattan do Bronx.

O terreo da cidade foi alterado considerablemente pola intervención humana, varios terreos foron gañados aos ríos desde os tempos coloniais neerlandeses. Isto é máis notable no sur de Manhattan, onde se levaron a cabo planificacións como Battery Park City nos anos 1970 e 1980.[17] Algunhas das variacións na topografía foron niveladas, particularmente en Manhattan.[18]

A área da cidade é de 831,4 km².[19] O punto máis alto da cidade é o outeiro Todt en Staten Island (124,9 metros sobre o nivel do mar). O cume está cuberto por bosques, posto que é parte do cinto verde de Staten Island.[20]

Clima

A pesar de estar na mesma latitude que Galicia, moito máis cálida, Nova York ten un clima húmido continental, resultado dos constantes ventos que traen aire frío desde o interior do continente americano.[21] Nova York posúe invernos fríos, mais o emprazamento costeiro da urbe, mantén as temperaturas un pouco máis elevadas que nas rexións interiores, axudando a moderar a cantidade de neve, 63,5 a 88,9 cm ao ano de media.[21] A cidade ten un período temperado que dura unha media de 199 días entre as xeadas estacionais.[21] A primavera e o outono son erráticos, e poden variar desde frío e nevado a cálido e húmido. O verán é temperado e húmido, con temperaturas de 30 °C ou máis cun termo medio entre 18 e 25 días cada verán.[21]

En Nova York hai rexistros de furacáns, como o ocorrido en 1981 que inundou o sur de Manhattan, ou o de 1938 que matou a máis de 700 persoas, a maioría delas na rexión de Nova Inglaterra; aínda que estes fenómenos atmosféricos son pouco frecuentes.

Parámetros climáticos por termo medio de Nova York
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 3 4 10 15 21 26 29 28 24 18 12 6
17
Temperatura mínima media (°C) -4 -3 1 6 12 17 20 19 15 10 5 -1
8
Precipitacións (mm) 86 84 99 102 112 95 112 104 99 91 127 99
1.124
Fonte: Weatherbase

Medio ambiente

Central Park, en Manhattan, é o parque urbano máis visitado dos Estados Unidos.

O uso do transporte público en Nova York é o máis alto nos Estados Unidos e o consumo de combustible está ao mesmo nivel que estaba a media nacional en 1920.[22] A densa poboación de Nova York e a baixa dependencia dos automóbiles axudaron a pór á cidade entre as máis eficientes consumidoras de enerxía do país.[23] As emisións de gas do efecto invernadoiro son relativamente baixas cando se miden per cápita, a 7,1 toneladas cúbicas por persoa, por debaixo da media estatal, de 24,5.[24] Os neoiorquinos son responsables do un por cento das emisións de gases dos EUA,[24] a pesar de ser o 2,7% da poboación nacional. O neoiorquino medio consome menos da metade da electricidade que un residente de San Francisco e case un cuarto da consumida por un residente de Dallas.[25]

Nos últimos anos, a cidade intentou reducir o seu impacto medioambiental. As grandes cantidades de contaminación en Nova York deron lugar a un alto índice de persoas enfermas de asma e outras doenzas respiratorias entre os seus habitantes.[26] Nova York conta ademais coa maior frota de autobuses híbridos ou equipados con gas natural comprimido do país,[27] como tamén algúns dos primeiros taxis híbridos[28].

Nova York abastécese de auga potable desde as montañas Catskill.[29] Como resultado desta orixe cun proceso de filtración natural, Nova York é unha das cinco principais cidades de Estados Unidos con auga potable suficientemente pura como para non necesitar un tratamento de purificación por medio de plantas de tratamento de auga.[30]

Demografía

Evolución da poboación[31]
Ano Habitantes
1750 22.000
1790 49.400
1800 79.200
1810 119.700
1820 152.100
1830 242.300
1840 391.100
1850 696.100
1860 1.174.800
1870 1.478.100
1880 1.911.700
1890 2.507.400
1900 3.437.200
Ano Habitantes
1910 4.766.900
1920 5.620.000
1930 6.930.400
1940 7.455.000
1950 7.892.000
1960 7.782.000
1970 7.894.900
1980 7.071.600
1990 7.322.600
2000 8.008.000
2003 8.085.700
2004 8.091.700
2005 8.143.200[32]

Nova York é a cidade máis poboada dos Estados Unidos, cunha poboación no 2005 de 8.213.839 habitantes. Isto é arredor do 40% do total da poboación do estado e unha porcentaxe similar do total da súa rexión metropolitana. Durante a última década, a poboación da cidade aumentou, e os demógrafos estiman que no 2030 alcanzará un total de entre 9,2 e 9,5 millóns de persoas.[33].

As dúas características chave da demografía da cidade son a súa densidade de poboación e a súa diversidade cultural. Ten a densidade máis alta (10.194 hab/km²) de calquera municipalidade estadounidense cunha poboación de máis de 100.000.[34] A densidade do condado de Nova York (25.846 hab./km²) é a máis alta de todos os condados do país.[35]

No transcurso da historia neiorquina, a cidade foi un dos principais portos de entrada de inmigrantes; o termo melting pot cuñouse para describir os barrios de inmigrantes, densamente poboados, da Lower East Side. Na actualidade, o 36% dos habitantes da cidade naceron no estranxeiro,[36] cifra que no país só superan Os Ánxeles (California) e Miami (Florida).[37] Porén, mentres que as comunidades inmigrantes das outras cidades son dominadas por unhas poucas nacionalidades, en Nova York ningunha nacionalidade ou rexión é predominante. Os dez principais países de orixe de inmigrantes son: a República Dominicana, China, Xamaica, Güiana, Paquistán, Ecuador, Haití, Trinidad e Tobago, Colombia e Rusia.[38] Na cidade fálanse uns 170 idiomas diferentes.[39]

A área metropolitana é lar da maior comunidade xudía fóra de Israel. De feito, a poboación xudía de Tel Aviv é superada en número pola de Nova York. Un 12% dos neoiorquinos son xudeus ou de ascendencia xudía.[40] É tamén fogar dun cuarto dos aboríxes da nación,[41] e da comunidade negra máis grande de calquera cidade do país.

Os catro grupos étnicos máis importantes (con excepción dos caucásicos) da cidade son: portorriqueños, italianos, dominicanos e chineses.[42] A poboación portorriqueña de Nova York é a máis grande fóra de Porto Rico.[43]

Nova York ten unha gran disparidade de ingresos. No 2005 o ingreso medio por fogar e na zona máis rica era de $188.697 anuais, mentres que nas zonas máis pobres era de $9.320.[44] A cidade tamén experimentou un baby boom. Desde o 2000, o número de nenos menores de cinco anos en Manhattan creceu un 32%.[45]

O 33% dos neoiorquinos son donos das propiedades nas que viven, unha cifra moito menor que a media nacional, do 69%.[46]

Cultura

Museo Metropolitano de Arte de Nova York é un dos museos máis grandes do mundo.

Varios dos movementos culturais estadounidenses máis importantes comezaron na cidade, como o renacemento de Harlem, que introduciu a literatura afroamericana no país. A cidade foi o epicentro do jazz nos anos 40, do expresionismo abstracto nos anos 50 e o berce da cultura hip hop nos anos 1970. A cidade tamén ten o seu papel na industria cinematográfica.

A cidade ten máis de 2.000 organizacións culturais e de artes e máis de 500 galerías de arte de distintos tamaños.[47]

Industriais adiñeirados do século XIX construíron unha rede de importantes institucións culturais, como o famoso Carnegie Hall e o Museo Metropolitano de Arte, que gañarían fama internacional. Coa chegada da luz eléctrica apareceron os teatros nas rúas de Broadway nos anos 80 do século XIX.

A Ópera do Metropolitan, vista dende Lincoln Center.

Medios de comunicación

Nova York é un centro neurálxico para as industrias da televisión, a publicidade, a música, o xornalismo e as publicacións literarias e editoriais. Dous dos tres grandes diarios estadounidenses son neoiorquinos: The Wall Street Journal e The New York Times. El Diario La Prensa é o xornal en español máis importante e máis antigo do país.[48]. Tamén existe un diario dirixido ao público afroamericano, The New York Amsterdam News. Un terzo dos filmes independentes estadounidenses prodúcense en Nova York.[49] Máis de 200 periódicos e 350 revistas teñen unha oficina na cidade e a industria editorial emprega arredor de 25.000 persoas.[50]

As catro canles principais de televisión dos Estados Unidos, ABC, CBS, FOX e NBC, teñen a súa sede en Nova York, así como moitas canles de cable, como MTV, Fox News, HBO e Comedy Central.

Cidades irmandadas

Nova York está actualmente irmandada con dez cidades[51].


Solpor en Nova York

Solpor en Nova York


Notas

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome neoiorquino
  2. Rankin, Rebecca B., Cleveland Rodgers (1948). Harper, ed. New York: the World's Capital City, Its Development and Contributions to Progress. 
  3. Miller, Christopher L., George R. Hamell (Septiembre de 1986). "A New Perspective on Indian-White Contact: Cultural Symbols and Colonial Trade". The Journal of American History 73 (2). Consultado o 21-3-2007. 
  4. Homberger, Eric (2005). Owl Libros, ed. The Historical Atlas of New York City: A Visual Celebration of 400 Years of New York City's History. pp. p. 34. ISBN 0805078428. 
  5. ""Gotham Center for New York City History" Liña de tempo 1700-1800" (en inglés). Consultado o 19-2-2008. 
  6. Moore, Nathaniel Fish (1876). Columbia College, ed. An Historical Sketch of Columbia College, in the City of New York, 1754-1876. pp. p. 8. 
  7. "The People's Vote: President George Washington's First Inaugural Speech (1789)" U.S. News and World Report, 28-5-2007
  8. Bridges, William (1811). Map Of The City Of New York And Island Of Manhattan With Explanatory Remarks And References. ; Lankevich (1998), pp. 67–68.
  9. Mushkat, Jerome Mushkat (1990). Kent State University Press, ed. Fernando Wood: A Political Biography. p. 36. ISBN 087338413X. 
  10. Cook, Adrian (1974). The Armies of the Streets: The New York City Draft Riots of 1863. pp. pp. 193–195. 
  11. The 100 Year Anniversary of the Consolidation of the 5 Boroughs into New York City, New York City. Consultado o 29 de xuño de 2007.
  12. Allen, Oliver E. (1993). "Chapter 9: The Decline". En Addison-Wesley Publishing Company. The Tiger – The Rise and Fall of Tammany Hall. 
  13. Burns, Ric (22-8-2003). PBS, ed. "The Center of the World - New York: A Documentary Film (Transcript)". Consultado o 20-7-2006. 
  14. Silverstein Properties (ed.). "Rebuilding the WTC". Consultado o 11-10-2007. 
  15. Washington, D.C. está a unha distancia en estrada de Nova York de 228 miles (367 km), mentres que Boston a 217 miles (349 km). - Google Maps
  16. "Information about the Hudson River estuary" (en inglés). 
  17. Gillespie, Angus K. (1999). Rutgers University Press, ed. Twin Towers: The Life of New York City's World Trade Center. p. p. 71. 
  18. Lopate, Phillip (2004). Anchor Press, ed. Waterfront: A Walk Around Manhattan. ISBN 0385497148. 
  19. New York City Department of City Planning (ed.). "Land Use Facts". Arquivado dende o orixinal o 30-03-2007. Consultado o 13-3-2007.  A área total da cidade é de 468,9 sq mi (1 214,4 km2). 159,88 sq mi (414,09 km2) de ela é auga e 321 sq mi (831 km2) é terra.
  20. Howard, David (2002). W. W. Norton & Company, ed. Outside Magazine's Urban Adventure New York City. p. 35. ISBN 0393322122. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 New York State Climate Office (ed.). "The Climate of New York". Consultado o 27-3-2007. 
  22. Jervey, Ben (2006). Globe Pequot Press, ed. The Big Green Apple: Your Guide to Eco-Friendly Living in New York City. ISBN 0762738359. 
  23. Owen, David (18 de outubro 2004). The New Yorker, ed. "Green Manhattan". 
  24. 24,0 24,1 New York City Office of Long-term Planning and Sustainability, ed. (abril 2007). "Inventory of New York City Greenhouse Gas Emissions" (PDF). Consultado o 11-4-2007. 
  25. PlaNYC / The City of New York, ed. (6-12-2006). "Global Warming and Greenhouse Gases". Consultado o 13-12-2006. 
  26. Coburn, Jason, Jeffrey Osleeb, Michael Porter (June 2006). "Urban Asthma and the Neighbourhood Environment in New York City". Health & Place. 12(2): pp. 167–179. PMID 16338632. 
  27. Metropolitan Transportation Authority (ed.). "A Century of Buses in New York City" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25-05-2006. Consultado o 17-11-2006. 
  28. Sierra Club, ed. (1 de xullo, 2005). "New York City's Yellow Cabs Go Green" (en inglés). Consultado o 19-7-2006. 
  29. New York City Department of Environmental Protection (ed.). "Current Reservoir Levels". Consultado o 4-6-2007. 
  30. New York City Department of Environmental Protection, ed. (2005). "New York City 2005 Drinking Water Supply and Quality Report" (PDF) (en inglés). Consultado o 17-7-2006. 
  31. Campbell Gibson (Xuño 1998). Bureau du recensement, ed. "Population of the 100 Largest Cities and Other Urban Places in the United States:1790 to 1990". Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  32. Bureau du recensement (ed.). "2005 population estimate for New York city". Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  33. New York City Department of City Planning, ed. (Decembro 2006). "New York City Population Projections by Age/Sex and Borough, 2000-2030" (PDF). Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  34. United States -- Places and (in selected states) County Subdivisions with 50,000 or More Population; and for Puerto Rico, United States Census Bureau United States Census (2000). Consultado o 6 de agosto de 2010.
  35. "Population Density" Arquivado 10 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., Geographic Information Systems - GIS of Interest. Consultado o 6 de agosto de 2010.
  36. New York City Department of City Planning, ed. (2005). "The Newest New Yorkers: 2000" (PDF) (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2010. [Ligazón morta]
  37. Censo 2000
  38. New York City Department of City Planning, ed. (2005). "Appendix Table 5-4: Ten Largest Sources of the Foreign-Born by County New York Metropolitan Region, 2000" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  39. New York State Office of the State Comptroller, ed. (Xuño 2006). "Queens: Economic Development and the State of the Borough Economy" (PDF) (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  40. United Jewish Appeal-Federation of New York, ed. (2002). "Jewish Community Study of New York" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2010. 
  41. Asian American Federation of New York, ed. (2004). "Census Profile:New York City's Indian American Population" (PDF). Consultado o 28-3-2007. 
  42. New York City Department of City Planning, ed. (2005). "NYC2005 — Results from the 2005 American Community Survey : Socioeconomic Characteristics by Race/Hispanic Origin and Ancestry Group" (PDF). Consultado o 6 de agosto de 2010. ; Population Division American Community Survey, New York City Department of City Planning
  43. Archive of the Mayor's Press Office, Mayor Giuliani Proclaims Puerto Rican Week in New York City, 9 de xuño de 1998.
  44. Roberts, Sam (9 de abril, 2005). The New York Times, ed. "In Manhattan, Poor Make 2 Cents for Each Dollar to the Rich". 
  45. Roberts, Sam (27-3-2007). The New York Times, ed. "In Surge in Manhattan Toddlers, Rich White Families Lead Way" (en inglés). 
  46. "Homeownership". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de agosto de 2010. 
  47. Center for an Urban Future, ed. (Decembro 2005). "Creative New York" (PDF) (en lingua inglesa). Consultado o 20-2-2009. 
  48. New America Media, ed. (27 de xullo de 2005). "el diario/La Prensa: The Nation's Oldest Spanish-Language Daily". Arquivado dende o orixinal o 22-05-2008. Consultado o 9-6-2007. 
  49. The Governors Island Preservation & Education Corporation, ed. (2005). "Request for Expressions of Interest" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02-08-2008. Consultado o 26-3-2007. 
  50. New York City Economic Development Corporation (ed.). "Media and Entertainment" (en lingua inglesa). Consultado o 19-7-2006. 
  51. The New York City Partners, do Concello de Nova York, sobre cidades irmandadas (en inglés).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Bandeira de Nova York Distritos (Boroughs) de Nova York

Bronx | Brooklyn | Manhattan | Queens | Staten Island



Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[1]


  1. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017