Bronx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBronx
The Bronx (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aJonas Bronck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°50′48″N 73°52′24″O / 40.84676, -73.873207Coordenadas: 40°50′48″N 73°52′24″O / 40.84676, -73.873207
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.472.654 (2020) Editar o valor em Wikidata (9.950,36 hab./km²)
Número de fogares510.135 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie148 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Hudson, Long Island Sound, Rio Harlem (pt) Traducir e Eastchester Bay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude90 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1898 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRubén Díaz, Jr. (pt) Traducir (2009–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10400–10499, 10400, 10404, 10406, 10407, 10409, 10411, 10412, 10418, 10415, 10422, 10424, 10427, 10428, 10431, 10433, 10437, 10439, 10442, 10445, 10447, 10448, 10452, 10456, 10457, 10463, 10460, 10464, 10469, 10471, 10473, 10477, 10481, 10484, 10487, 10491, 10495 e 10499 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webbronxboropres.nyc.gov Editar o valor em Wikidata

O Bronx é un condado do estado de Nova York, e un dos cinco distritos metropolitanos (borough) da cidade de Nova York. Condado e distrito teñen os mesmos límites xeográficos. É o distrito situado máis ao norte e é o único dos cinco que non é unha illa (ou parte dunha, caso de Queens e Brooklyn) e atópase en terra firme norteamericana.

Foi bautizada en honra de Jonas Bronck, un inmigrante sueco que foi o primeiro en instalarse na área. No ano 2002, a poboación era de 1.354.068 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio que actualmente forma o condado do Bronx pertencía ao Condado de Westchester.

En 1874, a parte occidental do que é o actual condado do Bronx foi transferido ao condado de Nova York e en 1895 transferiuse o resto oriental. En 1914, aquelas partes transferidas separáronse do condado de Nova York e formaron o actual condado do Bronx.

Goberno[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que os demais condados da cidade de Nova York, no Bronx non hai goberno condal, pero os tribunais de condado e outras autoridades como o fiscal si existen. Cada distrito metropolitano en Nova York elixe un Presidente pero este cargo non ten moito poder, de facto.

A oficina do Presidente de Distrito (Borough President) foi creada coa consolidación dos cinco condados, para equilibrar a balanza destes, respecto do goberno municipal central. Cada presidente de distrito tiña un rol poderoso, que se derivaba do feito de ter un voto no New York City Board of Estimate, o corpo responsable de crear e aprobar os orzamentos municipais e realizar as propostas para a ordenación do territorio. En 1989, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarou esta Xunta inconstitucional, por darse o feito de que Brooklyn, o condado máis poboado do municipio, non tiña máis voto sobre o terreo que Staten Island, o condado menos poboado da cidade. Isto consituía unha violación da Cláusula de Protección Igual da Décimo cuarta Emenda da Constitución dos Estados Unidos de América, emitida en 1964, baixo a premisa de un home, un voto.

As competencias do Board of Estimate foron transferidas á Xunta de Concelleiros (City Council, con 51 membros, encargado do poder lexislativo na cidade), aumentando así o poder centralizado no municipio neoiorquino.

Desde 1990, o Presidente de Distrito actúa como defensor dos intereses do condado ante as axencias da alcaldía, as concellarías municipais, o goberno estatal de Nova York e as corporacións. O presidente do Distrito do Bronx é Adolfo Carrión, Jr., o duodécimo deles, desde que o Bronx pertence á cidade de Nova York.

O Fiscal do Distrito de Bronx (District Attorney ou simplemente D.A., no orixinal inglés) é Robert T. Johnson e ocupa o cargo desde o 1 de xaneiro de 1989, converténdose no fiscal de distrito máis lonxevo na historia do Bronx, e o primeiro afroamericano Fiscal do Distrito do estado de Nova York.

Tamén ten 12 distritos administrativos, cada un deles servido por unha Xunta de Comunidade local (Community Board). Estas Xuntas son os corpos representativos que recollen as queixas cidadás e serven como defensores dos residentes da súa área, ante o Concello.

Anecdoticamente, o nome oficial do "borough" é The Bronx, mentres que o nome do condado é Bronx County (sen artigo).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Bronx non ten outras subdivisións, está situado nos 40°42'15" latitude norte e os 73°55'5" lonxitude oeste.

O borough ten unha área de 148,7 km². 108,9 km² formados por terra e 39,9 km² de auga que constitúe un 26,82% do total.

Moitas das rúas do Bronx están numeradas, pero a diferenza da numeración en Brooklyn e Queens, o sistema de numeración do Bronx é unha continuación do sistema de Manhattan, debido a que orixinalmente pertencía ao condado de Nova York. Debido a isto, a numeración empeza na rúa 132 Leste.

Lingua[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2000 no Bronx hai falantes de 77 linguas diferentes. As maioritarias son o inglés, cun 47,3% de falantes, e o español, cun 43,7%, non chegando o resto de falantes doutras linguas ao 2%.

Atraccións[editar | editar a fonte]

As atraccións do Bronx inclúen o Yankee Stadium, fogar dos New York Yankees, o zoo do Bronx, o Xardín Botánico de Nova York. Inclúe tamén dous dos parques máis grandes de Nova York, o Pelham Bay e o Van Cortlandt.

O Bronx ten a distinción de ser o lugar de nacemento do hip hop.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Bandeira de Nova York Distritos (Boroughs) de Nova York

Bronx | Brooklyn | Manhattan | Queens | Staten Island