World Trade Center

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°42′46.8″N 74°0′48.6″O / 40.713000, -74.013500

O World Trade Center orixinal en marzo de 2001.

O World Trade Center (en galego: Centro Mundial de Comercio) é un complexo de varios edificios no Lower Manhattan, na cidade de Nova York, Estados Unidos, que substitúe a un complexo anterior co mesmo nome e situado no mesmo lugar.

O World Trade Center orixinal era un complexo de sete edificios. Incluía ás emblemáticas Torres xemelgas, inauguradas o 4 de abril de 1973, e destruídas nos ataques do 11 de setembro de 2001, xunto co World Trade Center 7. Os outros edificios do complexo foron danados nos ataques e posteriormente demolidos. O sitio está actualmente sendo reconstruído con cinco novos rañaceos e un memorial ás vítimas dos ataques. O One World Trade Center será o edificio principal do novo complexo, chegando a ter máis de 100 pisos á hora da súa finalización. Unha sexta torre atópase á espera de ser confirmada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]