Distrito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O termo distrito (do latín medieval districtus), designa unha división dun determinado territorio, que pode ser de natureza política, administrativa, militar, xudicial, fiscal, policial ou sanitaria.

Entendida como entidade local é parte da visión anarquista de distrito (autónomo e federalista), onde sería o carácter ideal do réxime de autogoberno.

Distritos en España[editar | editar a fonte]

En España, a Lei de grandes cidades de 2003 prevé a creación (aínda que xa existisen con anterioridade) e define a organización do distrito como elemento de participación cidadá nos concellos de gran poboación. Os municipios aplicables da lei son todos aqueles maiores de 250.000 habitantes, as capitais provinciais ou autonómicas de máis de 175.000 habitantes, e opcionalmente, as restantes capitais provinciais, sedes de organismos autonómicos ou provinciais e cidades de máis de 75.000 habitantes cunhas características que o xustifiquen, e o aproben as Asembleas Lexislativas dos seus concellos.

Distritos en Portugal[editar | editar a fonte]

En Portugal un distrito é unha división administrativa que data de 1835. Antes deste ano, as provincias subdividíanse en comarcas. A Lei de 25 de abril de 1835 suprimiu as provincias e as comarcas e creou dezasete distritos no continente e catro nas chamadas Ilhas Adjacentes (arquipélagos de Azores e Madeira Á fronte de cada distrito estaría un administrador xeral, que a partir de 1840 pasaria a ser designado polo gobernador civil. No século XIV e século XV, nos territorios das illas denominábanse capitanias, e estaban rexidas por capitáns donatarios.

Poucos cambios houbo desde entón. Entre eles, o cambio de capitalidade do distrito de Lamego, que pasou para Viseu, debido á súa posición máis central, e a creación do distrito de Setúbal, en 1926, que obtivo a autonomía do distrito de Lisboa.

Os catro distritos sitos en Azores (Angra do Heroísmo, Horta e Ponta Delgada) e Madeira (Funchal) suprimíronse coa entrada en vigor da Constitución portuguesa de 1976, que concedeu ampla autonomía a aquelas rexións insulares através dos respectivos Estatutos Político-Administrativos previstos na Constitución.

A Constitución prevé a creación de rexións administrativas, e o mantemento dos distritos mentres esta división non fose concretizada. No entanto, ese proceso está parado. En relación con isto realizouse un referendo que non tivo efectos por teren votado menos da metade dos electores.

Análogamente ao termo "distrito" en Portugal pode ser entendidos os Estados brasileiros.

En Portugal a designación de distrito tamén se aplica ás divisións xudiciais do país. Nese eido os distritos son chamados distritos xudiciais ou distritos da relação, por oposición aos anteriores, chamados distritos administrativos ou civis. Actualmente existen os distritos xudiciais de Guimarães, do Porto, de Coimbra, de Lisboa e de Évora.

En Portugal existen os seguintes distritos:

  1. Distrito de Aveiro
  2. Distrito de Beja
  3. Distrito de Braga
  4. Distrito de Bragança
  5. Distrito de Castelo Branco
  6. Distrito de Coimbra
  7. Distrito de Évora
  8. Distrito de Faro
  9. Distrito da Guarda
  10. Distrito de Leiria
  11. Distrito de Lisboa
  12. Distrito de Portalegre
  13. Distrito do Porto
  14. Distrito de Santarém
  15. Distrito de Setúbal
  16. Distrito de Viana do Castelo
  17. Distrito de Viseu
  18. Distrito de Vila Real

Antigos distritos portugueses: