Anthony Burgess
Anthony Burgess | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | John Anthony Burgess Wilson |
Alcume | Джозеф Келл, Энтони Пауэл, Энтони Джилверн e Anthony Burgess |
Nacemento | 25 de febreiro de 1917 |
Lugar de nacemento | Harpurhey e Manchester |
Falecemento | 22 de novembro de 1993 |
Lugar de falecemento | St John's Wood e Londres |
Causa | cancro de pulmón |
Soterrado | Mónaco |
Nacionalidade | Reino Unido |
Etnia | Pobo inglés |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Xaverian College e Victoria University of Manchester |
Ocupación | escritor, xornalista, tradutor, guionista, poeta, compositor, novelista, autobiógrafo, crítico literario, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil, especialista en literatura, autor, libretista, dramaturgo, pedagogo, roteirista de cinema e mestre |
Coñecido por | A Clockwork Orange |
Premios | Prometheus Award - Hall of Fame, Commandeur des Arts et des Lettres, membro da Royal Society of Literature, Companion of Literature e Premio Hugo á mellor presentación dramática |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
John Anthony Burgess Wilson, nado en Manchester o 25 de febreiro de 1917 e finado o 25 de novembro de 1993, foi un escritor británico do século XX. Alén das súas dotes como novelista, tamén destacou por ser compositor, lingüista, profesor e periodista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia católica de clase media. O seu pai era pianista e a súa nai morreu cando Burgess tiña apenas 2 anos de vida. Na década dos corenta fixo o servizo militar inglés en Xibraltar, en plena segunda guerra mundial. Despois da guerra, Burgess traballou para o Servizo Colonial británico na illa de Borneo e en Malaisia como responsábel educativo. Neses anos foille diagnosticado un tumor cerebral, que o afastou un pouco do que estaba a facer e acercouno á literatura.
Dentro da súa produción literaria podemos destacar a novela A Clockwork Orange (A Laranxa Mecánica) do 1962, que foi levada ao cinema polo director Stanley Kubrick no ano 1971. Esta obra destaca pola sátira social que fai o propio autor, e pola introdución dunha xerga xuvenil inventada polo propio Burgess (o nadsat), que toma grande parte dos termos de linguas eslavas, das que Burgess era coñecedor.
No ano 1993 Anthony Burgess morreu dun cancro de pulmón.