Saltar ao contido

Central Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Central Park

Tipoxardín público e atracción turística Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°46′57″N 73°57′58″O / 40.7825, -73.9661
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York
BoroughManhattan Editar o valor en Wikidata
Código postal00083 Editar o valor en Wikidata
Visitas
Prezo de accesosen valor Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1856 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie341 ha Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoFrederick Law Olmsted e Calvert Vaux Editar o valor en Wikidata
OperadorCentral Park Conservancy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais40.000.000 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data12 de abril de 2017
Identificador6234

Rexistro de Lugares Históricos do Estado de Nova York
Data23 de xuño de 1980

Lugar de Interese de Nova York
Data16 de abril de 1974
Identificador0851

Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Data15 de outubro de 1966
Identificador66000538

Fito histórico nacional
Data23 de maio de 1963
Composto por
Central Park Mall (en) Traducir, Strawberry Fields (memorial) (pt) Traducir, North Woods and North Meadow (en) Traducir, Cleopatra's Needle (en) Traducir, The Ramble and Lake (en) Traducir, Jacqueline Kennedy Onassis Reservoir (en) Traducir, Sheep Meadow (en) Traducir, Wollman Rink (en) Traducir, Central Park Carousel (en) Traducir, Zoológico do Central Park (pt) Traducir, Terraço e fonte Bethesda (pt) Traducir, Delacorte Theater (en) Traducir, The Pond and Hallett Nature Sanctuary (en) Traducir e Harlem Meer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcentralparknyc.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: centralparknyc Twitter: CentralParkNYC Youtube: UCXXApTVjoWIrNUTKV7HOx5Q Pinterest: centralparknyc BNE: XX5122453 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Vista do Central Park dende o Rockefeller Center.

O Central Park é un parque urbano público situado no distrito metropolitano de Manhattan, na cidade de Nova York. O parque ten forma rectangular e unhas dimensións aproximadas de 4000 x 800 metros, sendo case dúas veces máis grande que Mónaco e case oito veces a Cidade do Vaticano, dous dos países máis pequenos do mundo.[1] Foi deseñado polos arquitectos Frederick Law Olmsted e Calvert Vaux, os cales máis tarde crearon o Brooklyn's Prospect Park.[2]

Cuns 37,5 millóns de visitantes ao ano, é o parque mais visitado dos Estados Unidos de América. Ademais, a súa aparición en numerosas películas e series de televisión convertérono nun dos parques urbanos mais famosos do mundo. Está dirixido pola Central Park Conservancy, unha empresa privada sen ánimo de lucro, que ten un contrato co Departamento de Parques e Lecer de Nova York.[3]

Malia que gran parte do parque semella ser natural, contén varios lagos artificiais, dúas pistas de patinaxe sobre xeo e áreas de herba usadas para diversas actividades deportivas.

Partes do Central Park

[editar | editar a fonte]

Central Park está formado por grandes espazos de céspede, nos cales os turistas e os cidadáns de Nova York adoitan pasar o seu tempo libre. Amais, o parque conta con varios xardíns. O val de céspede mais grande do parque é o chamado Great Lawn (literalmente gran céspede), situado no centro do parque, á altura do Museo Metropolitano de Arte e do Museo Americano de Historia Natural, dous dos museos mais famosos da cidade.

Dende 1916 existe o Shakespeare Garden, inaugurado tres séculos despois da morte do escritor e que acolle a diferentes especies de plantas.[4]

A principal lagoa do parque é o Reservoir, que dende 1994 leva o nome de Jacqueline Kennedy Onassis Reservoir. A súa construción estendeuse dende 1858 ata 1862. E ocupa o espazo comprendido entre a 86th Street e a 96th Street. Cunha superficie de 42,9 hectáreas, nalgúns puntos alcanza unha profundidade de 12 metros, e contén varios miles de millóns de litros de auga.​ O Reservoir é coñecido tamén pola pista para correr de 2,54 quilómetros á beira da lagoa, e que acolle cada día a miles de deportistas.

O outro gran lago do parque é The Pond (literalmente A Charca), dunha superficie de 1,4 hectáreas. The Pond, cuxa forma lembra á dunha coma, está situado na parte mais meridional do parque e baixo o nivel do mar, o que permite que nesta lagoa se amainen os ruídos propios da metrópole.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Varias construcións, máis ou menos importantes e célebres, están distribuídas polo Central Park:

  • Castelo Belvedere, de estilo vitoriano, foi construído no ano 1865 no punto máis alto do Central Park. Na actualidade é a sede do observatorio meteorolóxico de Nova York.
  • Fonte Bethesda, situada en Bethesda Terrace, preto de The Lake.[5]
  • Á altura da 72th Street, é dicir fronte ao Edificio Dakota, atópase o Strawberry Fields, levantado en honra ao músico de The Beatles John Lennon, asasinado preto do edificio Dakota por Mark David Chapman o 8 de decembro de 1980. Strawberry Fields foi inaugurado o día no que Lennon cumpliría 45 anos, o 9 de outubro de 1985, en presenza da que fora a súa parella, Yoko Ono.
  1. "Vatican City". www.cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. 
  2. "150+ Years of Park History". www.centralparknyc.org (en inglés). Archived from the original on 24 de agosto de 2007. 
  3. "About us". www.centralparknyc.org (en inglés). 
  4. "Shakespeare Garden" (en inglés). 
  5. "Bethesda Terrace" (en inglés). Archived from the original on 10 de maio de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]