One World Trade Center

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
One World Trade Center
One World Trade Center cropped2.jpg
One World Trade Center dende o East River
Edificio
Estilo moderno contemporáneo
Custo 3.900 millóns de dólares[1]
Uso(s) oficinas
Construción
Inicio 27 de abril, 2006
Remate xullo 2013
Dimensións
Pisos 94 + 5 subterráneos
Superficie 325.279 m2
Altura máxima 546,2 m
Altura da azotea 417 m
Altura da última planta 386,5 m
Número de ascensores 73
Equipo
Arquitecto(s)
Enxeñeiro estrutural WSP Cantor Seinuk
Contratista Tishman Construction

O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) refírese ao principal edificio do novo complexo "World Trade Center" (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York.[2] É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001. O novo rañaceos sitúase no recanto noroeste da parcela de 6,5 ha (16 acres) do World Trade Center, no sitio do orixinal 6 World Trade Center. O edificio limita con West Street polo oeste, Vesey Street ao norte, Fulton Street ao sur, e Washington Street ao leste.

A construción da relocalización das utilidades subterráneas, zapatas, e os cimentos para o edificio novo empezaron o 27 de abril do 2006. O One World Trade Center converteuse na estrutura máis alta da Cidade de Nova York o 30 de abril do 2012, cando superou a altura do Empire State Building. A estrutura de aceiro da torre foi coroada o 30 de agosto do 2012. O 10 de maio do 2013, o compoñente final da antena do rañaceos foi instalado, facendo que o edificio, incluíndo a súa antena, lograse unha altura total de 1,776 pés (541 m). A súa altura en pés é unha referencia deliberada ao ano cando a Declaración de Estados Unidos de Independencia foi asinada. O edifico abriu as súas portas o 3 de novembro do 2014.

O 30 de marzo do 2009, a Autoridade do Porto de Nova York e Nova Jersey confirmou que o edificio sería coñecido legalmente como "One World Trade Center", non "Torre da Liberdade", como se lle denominou coloquialmente. O edificio ascende 104 plantas estándar, pero só consta de 94 plantas reais.

O novo complexo World Trade Center finalmente incluirá cinco rañaceos de oficinas ao longo da Rúa Greenwich, así como o Museo e Monumento conmemorativo Nacional do 11 de setembro, localizado xusto ao sur do One World Trade Center, onde se encontraban as Torres Xemelgas orixinais. A construción do edificio novo é parte dun esforzo para homenaxear e reconstruír ao World Trade Center orixinal despois da súa destrución.

Edificio orixinal (1970–2001)[editar | editar a fonte]

Construción[editar | editar a fonte]

One World Trade Center baixo construción en 1971

A construción do One World Trade Center, do cal as Torres Xemelgas (1 e 2 do World Trade Center) eran os puntos centrais, foi concibido como un proxecto de renovación urbana encabezado por David Rockefeller. O proxecto foi pensado para axudar a revitalizar o  Baixo Manhattan.[3] O proxecto foi planeado pola Autoridade de Porto de Nova York e Nova Jersey, o cal contratou ao arquitecto Minoru Yamasaki. A Yamasaki ocorréuselle a idea de construír torres xemelgas. Despois de negociacións extensas, os gobernos estatais de Nova York e Nova Jersey, os cales supervisan a Autoridade do Porto, consentiu a construción do World Trade Center na parcela de Radio Row, localizada na área oeste da Baixo Manhattan.[4] Para satisfacer ao goberno de Nova Jersey, a Autoridade do Porto estivo de acordo comprar o Ferrocarril de Manhattan e Hudson (rebautizado como Autoridade do Porto Trans-Hudson), o cal transportaba traballadores a diario desde Nova Jersey a Baixo Manhattan.[5]

Existencia[editar | editar a fonte]

Lobby da Torre 1, ollando ao sur ao longo do lado leste do edificio, 19 de agosto do 2000

Incidentes[editar | editar a fonte]

Dano subterráneo polo atentado explosivo de 1993

Ataques do 11 de setembro[editar | editar a fonte]

Localizacións do impacto no WTC 1 e WTC 2
Os restos (de abaixo cara arriba) de 1 WTC, 6 WTC e 7 WTC, o 17 de setembro de 2001

Novo edificio[editar | editar a fonte]

Planificación e desenvolvemento temperán[editar | editar a fonte]

Construción e desenvolvemento tardío[editar | editar a fonte]

Construción de One World Trade Center a 7 de agosto do 2007

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.wsj.com/articles/SB10001424052970203920204577191371172049652
  2. "One World Trade Center to become NYC's tallest building".
  3. Gillespie, Angus K. (1999).
  4. Wright, George Cable (January 23, 1962). "2 States Agree on Hudson Tubes and Trade Center".
  5. "Authority Trains Winning Plaudits".