Unha persoa sen teito ou sen fogar, é aquela persoa que non ten casa propia por motivos de pobreza, sexa por un estado de indixencia ou por unha catástrofe natural. Non inclúe o nomadismo, a ocupación ou fenómenos voluntarios.
Calcúlase que o problema afecta a uns 100 millóns de persoas,[1] especialmente en países subdesenvolvidos ou áreas urbanas.
Lugar onde persoas viven baixo unha ponte en París.
A indixencia é un estado de pobreza absoluta no cal o individuo non é quen de obter os medios mínimos para procurarse alimentos diarios. A indixencia prolongada acaba provocando o fenómeno coñecido como sen teito, polo cal a persoa perde a súa casa por non poder manterse a si mesmo. Está asociada coa mendicidade, xa que como no se teñen ingresos, usualmente por falta de traballo, recórrese á esmola ou á axuda social para subsistir.
Levouse a cabo un estudo sobre o senfogarismo feminino en Galicia, "que representan aproximadamente o 15% das persoas sen fogar, as mulleres en situación de senfogarismo presentan unha situación de maior vulnerabilidade ca os homes".[3][4]