Xacobe II de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xacobe II de Inglaterra
James II by Peter Lely.jpg
Nacemento14 de outubro de 1633
 Londres
Falecemento16 de setembro de 1701
 Saint-Germain-en-Laye
CausaHemorraxia cerebral
SoterradoCastelo de Windsor
NacionalidadeReino de Escocia e Reino de Inglaterra
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos I de Inglaterra
NaiHenriqueta María de Francia
CónxuxeAna Hyde e Maria de Módena
FillosMaría II de Inglaterra, Ana de Gran Bretaña, James Francis Edward Stuart, Luísa Maria Stuart, James Stuart, Duke of Cambridge, Henrietta FitzJames, James Fitzjames, Duque de Berwick, Henry FitzJames, Isabel Stuart, Charles Stuart, Duke of Cambridge, Charles Stuart, Duke of Cambridge, Edgar Stuart, Duke of Cambridge e Charles Stuart, Duke of Kendal
IrmánsHenriqueta Ana de Inglaterra, Maria Henrietta Stuart, Isabel Stuart da Grã-Bretanha, Ana de Inglaterra (1637–1640), Carlos II de Inglaterra e Henrique Stuart, Duque de Gloucester
Premiosmembro da Royal Society
JamesIISig.svg
editar datos en Wikidata ]

Xacobe II e VII, nado o 14 de outubro de 1633, e finado o 16 de setembro de 1701, foi rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe II e Escocia como Xacobe VII,[1] dende o 6 de febreiro de 1685 até que foi deposto pola Revolución Gloriosa de 1688. Foi o derradeiro monarca católico de Inglaterra, Escocia e Irlanda.

O segundo fillo sobrevivente de Carlos I, ascendeu ó trono despois da morte do seu irmán, Carlos II. Os membros da elite política protestante sospeitaban del por ser pro-francés, pro-católico e por desexar converterse en monarca absoluto. Cando tivo un herdeiro católico, os nobres animaron ó seu sobriño protestante Guillerme de Orange a realizar unha invasión militar dende as Provincias Unidas, o cal faría na Revolución Gloriosa de 1688. Xacobe abandonou Inglaterra (e así considerouse que abdicara).[2] Foi substituído pola súa filla maior protestante, María e polo seu marido Guillerme de Orange. Xacobe levou a cabo un serio intento de recuperar a coro cando chegou a Irlanda en 1689. Despois da derrota das forzas xacobitas na batalla do Boyne en xullo de 1690, Xacobe regresou a Francia. Viviu o resto da súa vida como un pretendente ó trono na corte do seu curmán e aliado Luís XIV.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Modelo:London Gazette
  2. The Convention Parliament of England deemed James to have abdicated on 11 December 1688, and the Parliament of Scotland declared him to have forfeited the throne on 11 April 1689.