Palacio de María Pita: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición Etiquetas: Revertida Edición visual |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
| número de plantas = |
| número de plantas = |
||
}} |
}} |
||
O '''palacio |
O '''palacio''' ou '''pazo de María Pita'''<ref>{{Cita web |url=http://www.crtvg.es/informativos/maria-pita-acolleu-a-primeira-reunion-ferreiro-caballero |título=María Pita acolleu a primeira reunión Ferreiro-Caballero |data-acceso=29 de novembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20181129142304/http://www.crtvg.es/informativos/maria-pita-acolleu-a-primeira-reunion-ferreiro-caballero |dataarquivo=29 de novembro de 2018 |urlmorta=yes }}</ref> é un edificio de estilo [[eclecticismo (arquitectura)|ecléctico]] que ocupa a fronte norte da [[praza de María Pita]], na cidade da [[A Coruña|Coruña]]. Proxectouno o arquitecto [[Pedro Mariño]] e construíuse entre os anos [[1904]] e [[1912]]. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o [[Museo do Reloxo da Coruña|Museo do Reloxo]]. Tamén é chamado '''Palacio Municipal'''. |
||
Sobre a súa arcada ten escrito en castelán: |
Sobre a súa arcada ten escrito en castelán: |
Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2024 ás 23:14
Palacio de María Pita | |
---|---|
Fachada do palacio municipal. | |
Edificio | |
Localización | Praza de María Pita, 1, 15001, A Coruña |
Coordenadas | 43°22′17″N 8°23′45″O / 43.3713, -8.39592Coordenadas: 43°22′17″N 8°23′45″O / 43.3713, -8.39592 |
Uso(s) | Sede do concello |
Construción | |
Inicio | 1904 |
Remate | 1912 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Pedro Mariño |
[ editar datos en Wikidata ] |
O palacio ou pazo de María Pita[1] é un edificio de estilo ecléctico que ocupa a fronte norte da praza de María Pita, na cidade da Coruña. Proxectouno o arquitecto Pedro Mariño e construíuse entre os anos 1904 e 1912. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal.
Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:
Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia.[2]
Descrición
O palacio é un edificio de estilo ecléctico, inspirado no neoclasicismo e na ampliación do palacio do Louvre de Napoleón III.[3] Os soportais dan acceso a un amplo vestíbulo con dúas escaleiras. As torres están recubertas de cinc e baixo a torre do reloxo atópase o escudo da cidade e catro cariátides que representan as provincias galegas.[4]
Historia
Dende o século XVI a sede do concello da Coruña estaba situada nunha casa da praza da Fariña, mais en febreiro de 1837 trasladouse ao número 23 da rúa da Franxa, abandonando a Cidade Vella. Non obstante o 9 de marzo dese mesmo ano, unha real orde propiciou o traslado ao que fora convento de Santo Agostiño, acaroado á igrexa de San Xurxo, do que tomaron posesión o 13 de decembro de 1838.[3]
Tralo decreto que permitía o derrubamento das murallas, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez deseñou unha praza na que destacaba o edificio que serviría de sede ao consistorio. Finalmente as obras do palacio non se iniciaron ata o comezo do século XX, xa segundo o proxecto de Pedro Mariño.[3]
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da casa do concello da Coruña.
Notas
- ↑ "María Pita acolleu a primeira reunión Ferreiro-Caballero". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018.
- ↑ En galego, "Casas consistoriais da moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Fernández Fernández, Xosé. El ayuntamiento y la plaza de María Pita de La Coruña. Recortables de La Coruña.
- ↑ Ficha en Turgalicia.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de María Pita |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
- Fernández Fernández, Xosé. Historia del Ayuntamiento de La Coruña. Biblioteca Coruñesa (en castelán). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-36-6.