Conversa:Palacio de María Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

este artigo non debería ser titulado Pazo de María Pita? Miguel.lima 16:40, 24 xuño 2006 (UTC)

  • Estou dacordo co de Pazo, xa que en galego creo que o de Palacio so se emprega como edificio que foi sé da corte real e non é o caso non? --Lansbricae 20:56, 21 marzo 2007 (UTC)
    • Entendo que pazo é unha construción rural galega e palacio urbana, con funcións moi distintas, en calquer país e que o de María Pita sería Palacio --Xosé (✉) 21:43, 21 marzo 2007 (UTC)
      • Sinto non estar dacordo porque: que é do Pazo de Mugartegui (Pontevedra), o Pazo de Raxoi e o Pazo de Xelmirez (Santiago), o Pazo de Fefiñanes (Cambados) ou o Pazo hoxe sé do Concello de Lugo, todos eles urbáns ou o Quiñones de León (Vigo) que creo si foi rural nos seus inicios. Creo que neste caso se trata dun uso habitual e non baseado na tipoloxía. Caso semellante ocorre con Mosteiro e convento, uns autores falan de mosteiro (de homes) e Convento (de mulleres), outros na contra falan de mosteiro (rural) e convento (urbán) pero o uso non se acomoda a ningunha das dúas opcións. Insisto porque na proposta de Category:Patrimonio histórico e artístico de Galicia non tiña previsto unha rama de Palacios. Ao mellor algún filólogo poida clarexar algo o asunto porque eu pérdome e non coñezo ningún outro palacio en Galicia, excepto cando se fala dos indicios arqueolóxicos en Ribadavia do Palacio de García de Galicia. É so unha opinión e desgustame non estar dacordo con Xosé porque o seu traballo é impresionante na Galipedia. Sempre que vou a un artigo de historia ou o iniciou él ou participou nel. Eso sí recoñezo que hai autores que utilizan esa distinción, pero soe ser en obras nas que se trata o estudio dos pazos desde a típica tipoloxía de Casa señorial no rural centro dunha explotación agraria. Recordo outro exemplo de mención a Palacio e non pazo en Galicia, o desaparecido Palacio dos Altamira (Santiago). O xealizar o uso de Pazo faría mais fácil a súa clasificación en categorías, podendo facerse dúas ramas mais pazos rurais e pazos urbáns. Outro tema sería o de Palacios ou Pazos de Xustiza que se usan indistintamente. En definitiva un lío --Lansbricae 22:25, 21 marzo 2007 (UTC)
        • Grazas polos eloxios. Tamén teño que recoñecer o traballo tan serio e de tanta calidade que ti tes feito. Palomar, capilla y ciprés, pazo es é un dito popular. Non son un experto nen en pazos nen en lingua galega, pero así se define esta tipoloxía construtiva tradicional galega. Para min existen dous conceptos tremendamente diferentes que coñezo con eses dous nomes distintos. Pode que palacio sexa un castelanismo, mais describe un tipo de construción civil que non ten relación co pazo.
  1. O pazo (e as súas variantes, casa grande e torre), enclavados no rural, ligados a unha explotación agrícola e habitados polos fidalgos. Xa non se constrúen pazos.
  2. O palacio, derivación do castelo ao que non lle fan falta as murallas pois xa as ten a cidade. Os palacios son ostentosos, mentres que os pazos son simplemente ricos; nos palacios vive a nobreza. O uso de pazo por palacio nos casos do de Raxoi e de Xelmirez, igual que o do Concello de Lugo, penso que se debe a un hiperenxebrismo; o de Fefiñáns, ainda que situado nun núcleo urbano, é de carácter rural (núcleo pequeno, non suntuoso, con terreos agrícolas,...). Os de xustiza e dos deportes son calcos hiperenxebres do castelán.
Non me opoño á categoría Pazos para englobar os dous, ainda que non me convenza de todo. Pódese facer e, cando alguén que saiba máis nos saque de dúbidas, reordenala. En portugués, por último, é certo que os dous termos son sinónimos. --Xosé (✉) 14:10, 22 marzo 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Palacio de María Pita. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de marzo de 2019 ás 23:56 (UTC)