Yago Yao Alonso-Fueyo Sako

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yago Yao
Información persoal
Nome Yago Yao Alonso-Fueyo Sako
Nacemento 19 de agosto de 1979
Lugar de nacemento Abidjan
Altura 1,82 m
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997-1999 Sporting de Gijón B
1999-2000 Sporting de Gijón 37 (0)
2000-2002 Celta de Vigo 30 (0)
2002R. Huelva (cedido) 7 (0)
2003Oviedo (cedido) 19 (1)
2003-2004 Sporting de Gijón 37 (1)
2004-2007 Celta de Vigo 13 (1)
2007-2008 Cádiz CF 7 (0)
2008-2009 Levante UD 16 (0)
2009-2010 Montañeros CF 7 (0)
2010-2014 Coruxo FC
2014-2015 Rápido de Bouzas
Selección nacional
Guinea Ec. 9 (0)
Na rede
Instagram: yagoyao FIFA: 297834 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Yago Yao Alonso-Fueyo Sako, nado en Abidjan (Costa do Marfil) o 19 de agosto de 1979, é un futbolista costamarfileño nacionalizado español e ecuatoguineano, máis coñecido como Yago Yao, que xoga na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai español e nai costamarfileña, formouse na canteira do Sporting de Gijón, Mareo, debutando co primeiro equipo na tempada 1998/98. No verán de 2000 ficha polo Celta de Vigo, que xogaba competición europea, a dura competencia no posto de xogadores como Berizzo, Fernando Cáceres ou Sergio Fernández fai que saia cedido, primeiro ao Recreativo de Huelva de Primeira e despois ao Real Oviedo[1] e Sporting de Gijón[2] de Segunda División.

Regresa ao Celta en 2004 onde xogou outras tres tempadas sen ter a continuidade agardada a causa das lesións e a pouca confianza depositada nel polos adestradores. Así deixa o club en 2007 tralo descenso a Segunda e ficha polo Cádiz CF[3] e un ano despois polo Levante UD[4].

En 2009 volve a Galiza para fichar polo Montañeros CF[5] e un ano despois polo Coruxo FC[6].

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Aínda que chegou a debutar coa Selección de fútbol de España sub-18, debutou na categoría absoluta coa Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial[7].

Notas[editar | editar a fonte]