Peregrín Estellés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peregrín Estellés
Nacemento1891
 Valencia
Falecemento1981
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Edificio da rúa da Torre na Coruña, obra art déco individual de Estellés (1931).[1]

Peregrín Estellés y Estellés,[2] nado en Valencia en 1891 e finado en Madrid en 1981 foi un arquitecto español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mentres estudaba na escola de arquitectura de Madrid coñeceu e estableceu amizade co coruñés Antonio Tenreiro, co que fundou un estudio en Madrid. En 1921 ambos os dous establecéronse na Coruña despois de seren contratados para a construción da sede do Banco Pastor. Tempo despois tamén se estableceu na cidade a irmá da súa esposa, que foi nai da matemática María Wonenburger.[3]

En 1930 ingresou no servizo de valoración urbana do Ministerio de Facenda.

En 1969 volveu a Valencia, mais en 1973 trasladouse a Madrid, onde faleceu.

Obras[editar | editar a fonte]

Xunto con Antonio Tenreiro deseñou obras destacadas como a casa Barrié, a casa Bailly ou o Gran Cine de Ortigueira.[4] Tenreiro realizaba o labor creativo, mentres que Estellés traballaba nas estruturas.[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1). 
  2. Observatorio
  3. Souto Salorio, María José; Tarrío Tobar, Ana Dorotea. María Josefa Wonenburger Planells. Mujer y matemática (en castelán). Consultado o 29-8-2017. 
  4. Ficha en do.co.mo.mo.
  5. Ventureira, Rubén (17 de decembro de 2018). "El dúo que transformó la arquitectura coruñesa". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Agrasar, Fernando, ed. (2007). Antonio Tenreiro 1893-1972 (en castelán). COAG. ISBN 978-84-96712-08-9.