Saltar ao contido

Tecido (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía de tecido nervioso obtida a partir dunha imaxe de microscopía óptica (tinguidura con hematoxilina-eosina)

En bioloxía, os tecidos son aqueles materiais constituídos por un conxunto organizado de células, cos seus respectivos organoides iguais ou duns poucos tipos de diferenzas entre células diferenciadas dun modo determinado, ordenadas regularmente, cun comportamento fisiolóxico coordinado e un orixe embrionaria común. Chámase histoloxía ao estudo destes tecidos orgánicos.

Características

[editar | editar a fonte]

Moitas palabras da linguaxe común, como polpa, carne ou cartilaxe, designan materiais biolóxicos nos que un tecido determinado é o constituínte único ou predominante; os exemplos anteriores corresponderíanse respectivamente con parénquima, tecido muscular ou tecido cartilaxinoso.

Só algunhas estirpes lograron desenvolver a pluricelularidade no curso da evolución, e destas en só dúas recoñécese unanimemente a existencia de tecidos, a saber, as plantas vasculares, e os animais (ou metazoos). En xeral admítese tamén que hai verdadeiros tecidos nas algas pardas. Dentro de cada un destes grupos, os tecidos son esencialmente homólogos, pero son diferentes dun grupo a outro e o seu estudo e descrición é independente.

Constitución

[editar | editar a fonte]

Nos animais estes compoñentes celulares están dispostos nunha matriz, máis ou menos extensa, de características particulares para cada tecido. Esta matriz é usualmente xerada polas células que compoñen o tecido, polo que se pode dicir que os tecidos están constituídos, fundamentalmente, por un compoñente celular e, nalgúns casos, por un compoñente extracelular. É un dos niveis de organización biolóxica, situado entre o nivel celular e o nivel orgánico.

Un tecido pode estar constituído por células dunha soa clase, todas iguais, ou por varios tipos de células dispostas ordenadamente. A parte da bioloxía encargada do estudo dos tecidos orgánicos é a histoloxía. Se se profunda nos detalles, existe máis dunha centena de tecidos diferentes nos animais e algunhas decenas nos vexetais, pero a inmensa maioría son só variedades duns poucos tipos fundamentais. A estrutura íntima dos tecidos escapa a primeira ollada, polo cal se usa o microscopio para visualizala.

Tecidos animais

[editar | editar a fonte]

Existen catro tecidos animais fundamentais: epitelial, conectivo, muscular e nervioso. Estes tecidos, segundo a súa orixe embriolóxica, pódense clasificar en dous grandes grupos:

Tecidos moi especializados
Tecidos pouco especializados

Tecidos vexetais

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Histoloxía vexetal.

En plantas diferéncianse dous tipos de tecidos, os tecidos da planta en desenvolvemento e os tecidos adultos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Siwel Adviel, Raven, Peter H., Evert, Ray F., & Eichhorn, Susan E. (1986). Biology of Plants (4th ed.). Nova York: Worth Publishers. ISBN 0-87901-315-X.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]