Variedade do castelán de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Variedades dialectais do castelán en España.

Coñécese como variedade do castelán de Galicia ou variedade galega do castelán é a variedade lingüística do castelán falada nos territorios galegofalantes e caracterizada en parte polo resultado do contacto desta variedade coa lingua galega en Galicia e na Galicia estremeira (O Bierzo, Alta Seabra e Terra Eo-Navia).

Os trazos deste dialecto son maioritariamente trazos propios da lingua galega usados como préstamos polos seus falantes cando usan o castelán.

Unha variante extrema deste dialecto é o denominado castrapo.

Características lingüísticas[editar | editar a fonte]

Fonética[editar | editar a fonte]

  • Presenta unha entoación característica, considerada unha forma moi suave de falar castelán e sendo un dos trazos máis significativos. Unha entoación moi similar existe nos varios dialectos rurais do castelán de América.
  • Tendencia a pechar moito as vogais finais, chegando case a identificar a 'o' coa 'u' e a 'e' coa 'i'.
  • Redución dos grupos consonánticos cultos de certas verbas castelás: ato ('acto').
  • Realización velar da ene final da verba: camión [ka'mjoŋ], millón [mi'ʝoŋ], tan ['taŋ], bien ['bjeŋ].
  • Seseo e/ou gheada nalgunhas zonas.

Gramática[editar | editar a fonte]

  • Por influencia do galego, ao non posuír este pretérito perfecto composto úsase no seu lugar o pretérito perfecto simple; este trazo tamén se da en Asturias, pola influencia do asturiano, así como nos países castelanfalantes de América latina: Hoy comí en casa de la abuela (Hoy he comido en casa de mi abuela).
  • Mesturar ambas linguas nalgunhas expresións: Pecha la ventana (Cierra la ventana) .
  • Creación de diminutivos ao modo galego, cos sufixos -iño, -iña ou ino, ina nas variantes orientais do galego.

Vocabulario[editar | editar a fonte]

  • Maior uso de arcaísmos, especialmente nas zonas rurais, entre os que poderían destacar o uso do voseo, a partícula reflexiva anexada ao verbo en todas as ocasións, o léxico como 'rubio' por vermello.
  • Substitución de verbas de uso frecuente en castelán polas propias do galego: colo por 'regazo', pota por 'olla' ou 'cazuela', riquiño por 'simpático' ou 'majo', esmagar por 'aplastar', perrencha por 'berrinche', pailán por 'paleto' etc.
  • Uso da primeira forma do imperfecto do subxuntivo en vez do pretérito pluscuamperfecto e do pretérito anterior. ('Esta película ya la viera yo' en lugar de 'Esta película ya la había visto yo' ou 'Lo mismo me hicieras tú' no canto de 'Lo mismo me habías hecho tú'). Isto se debe á tradución literal ao castelán da forma galega (Este filme xa o vira eu).
  • Substitución das formas compostas do futuro e do condicional polas súas formas simples ou, nalgúns casos, por perífrases con 'tener'.
  • Substitución ocasional de formas compostas por perífrases con 'tener' (debido á ausencia de formas compostas no galego).
  • O futuro formado por "ir" + infinitivo: 'Te voy decir una cosa', 'Me voy marchar' por 'Te voy a decir una cosa' ou 'Me voy a marchar'.
  • Uso abundante de diminutivos: bueniño, neniño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guillermo Herández García, José Manuel Cabrales Arteaga (2006). Lengua y Literatura 2. Madrid, SGEL-Educación. ISBN 84-7143-926-3. 
  • García, C y Blanco, L. (1998). El Castellano de Galicia. Interferencias Lingüísticas entre Gallego y Castellano. Anaya