Castelán marabino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A rexión onde se fala o castelán marabino.

O castelán marabino (tamén chamado maracucho ou zuliano) é a variedade da lingua castelá falada no estado de Zulia, ao noroeste de Venezuela, e no oeste de Estado Falcón (concello de Mauroa). A diferenza dos dialectos do centro ou da rexión andina, o marabino é tipicamente voseante e en moitos casos tuteante. Conserva para esta conxugación a forma da segunda persoa do plural familiar (vosotros), sen apócope ou síncope, o que o distingue do voseo chileno e o riopratense respectivamente.

Táboa comparativa do castelán latinoamericano[editar | editar a fonte]

Desinencia Peninsular
plural
Voseo1
singular
Marabino
singular
Chileno
singular
Estándar
singular
-ir vosotros partís vos partís vos/tú partís tú partes
-er vosotros corréis vos corrés vos corréis vos/tú corrís tú corres
-ar vosotros cantáis vos cantás vos cantáis vos/tú cantái tú cantas
-ir (alternante) vosotros decís vos decís vos/tú decís tú dices
-er (alternante) vosotros perdéis vos perdés vos perdéis vos/tú perdís tú pierdes
-ar (alternante) vosotros colgáis vos colgás vos colgáis vos/tú colgái tú cuelgas
(imperativo) mirad vosotros mirá vos mira tú
1 Voseo xeral dende o riopratense até Centroamérica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]