Castelán medio
| Castelán medio | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O castelán medio é a variante de castelán falado entre finais do século XV e finais do século XVII, marcado por unha serie de cambios fonolóxicos e gramaticais que transformaron o castelán medieval no castelán moderno. Entre os principais cambios poden salientarse o reaxuste das sibilantes, a perda das sibilantes sonoras, a fixación da posición dos pronomes clíticos ou a equiparación das formas compostas dos verbos inergativos e inacusativos.
Os falantes de castelán que chegaron a América falaban variantes de castelán medio e, polo tanto, tódalas formas do castelán actual son descendentes do castelán medio. O sefardí conserva algúns arcaísmos do castelán medieval que desapareceron do resto das variantes, como a presenza de sibilantes sonoras ou o mantemento dos fonemas /š/ (=AFI ʃ) e /ž/ (=AFI ʒ).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvar, Manuel (director), Manual de dialectología hispánica. El Español de España, Ariel Lingüística, Barcelona, 1996 & 2007.
- Cano, Rafael (coord.): Historia de la lengua española, Ariel Lingüística, Barcelona, 2005.
- Hualde, José Ignacio (2005): The sounds of Spanish, Cambridge University Press, 2005.
- Penny, Ralph (1993): Gramática histórica del español, Ariel, Barcelona, ISBN 84-344-8265-7.