Llanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Mapa da ecorrexión dos Llanos.
Paisaxe dos Llanos de Colombia.

Os Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco.

É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF).

Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.

A rexión, por situarse no interior e, polo tanto, en ausencia de influencia marítima, permite unha maior amplitude térmica diaria que nas zonas costeiras; as temperaturas máis baixas rexístranse na época de chuvias, e polo tanto en agosto adoitan rexistrarse temperaturas máis baixas que en xaneiro, pero a amplitude térmica anual é, de todos os xeitos, pouco significativa en xeral.

A importancia económica dos Llanos débese a que esta é unha rexión apta para a gandería extensiva e para a agricultura. Tamén existe unha importante actividade petroleira nos estados venezolanos de Anzoátegui, Apure, Barinas, Guárico e Monagas, e nos departamentos colombianos de Arauca, Casanare, Vichada e Meta.

O principal ritmo musical dos Llanos é o joropo.

División político-administrativa[editar | editar a fonte]

Os Llanos forman parte do territorio de dous países: Colombia (onde conforman a rexión da Orinoquía, e onde se lles dá o nome de Llanos Orientais), e Venezuela. A división político-administrativa é:

En Venezuela[editar | editar a fonte]

Grupo de capibaras no Hato La Fe, Llanos do Estado Guárico (Venezuela).

No territorio venezolano, os Llanos están conformados polos estados Apure (excepto o Municipio Páez), Barinas, excepto os municipios Cruz Paredes e Bolívar, Portuguesa, Cojedes, Guárico, Anzoátegui e Monagas. Os Llanos venezolanos concentran o 14% dos habitantes do país. En Venezuela os Llanos divídense en tres rexións:

  • Llanos Occidentais: conformada polos estados Apure, Barinas e Portuguesa, que son os que máis comunmente adoitan identificarse cos Llanos venezolanos.
  • Llanos Centrais: rexión llanera que se encontra nos estados Guárico e Cojedes, no centro do país.
  • Llanos Orientais: rexión conformada por boa parte dos estados Anzoátegui e Monagas.

Das 24 entidades federais do país, sete son dos Llanos:

En Colombia[editar | editar a fonte]

Os Llanos Orientais ou Orinoquía.
Os Llanos Orientais en Colombia (verde).
Departamentos dos Llanos Orientais.

No territorio colombiano son catro os departamentos que abarcan case a totalidade da Orinoquía ou Llanos Orientais: Arauca, Casanare, Vichada e Meta. Porén nalgunhas partes o Llano esténdese máis alá do río Guaviare cara aos departamentos do Guainía e Guaviare, se ben estes son considerados maioritariamente amazónicos.

Aínda que os Llanos Orientais son unha extensa rexión que abarca o 28% da superficie de Colombia, están bastante deshabitados. Case a metade dos seus poboadores habita en Villavicencio, a cidad máis grande da rexión. Os departamentos e cidades máis importantes do Llano colombiano, de norte a sur, son:

  • Arauca
    • Arauca - Capital do departamento homónimo, con aproximadamente 80 000 habitantes.
    • Tame - Segunda cidade importante do Arauca, conta con 47 694 habitantes.
    • Saravena - Importante centro petroleiro do Arauca, 43 063 habitantes.
  • Casanare
    • Yopal - Capital departamental do Casanare, con 119 692 habitantes.
    • Aguazul - Importante municipio petroleiro do Casanare, conta con 36 335 habitantes.
    • Tauramena - Municipio petroleiro onde está o pozo de Cusiana, ten 19 191 habitantes.
    • Orocué - Antigo porto do Llano, neste municipio deuse orixe á novela La Vorágine. Actualmente non ten maior importancia. pero si moito potencial turístico.
    • Paz de Ariporo - Municipio que conta coa maior cabana gandeiro do Casanare, ten 33 446 habitantes.
    • Villanueva - Importante municipio que se encontra sobre a marxe do río Meta, ten 23.226 habitantes.
  • Meta
    • Villavicencio - Capital do departamento do Meta, é a cidade máis importante da Orinoquía, ademais de ser un punto estratéxico xa que comunica a capital do país cos Llanos. Conta cunss 600 000 habitantes.
    • Granada - Encóntrase a 80 km de Villavicencio e é a segunda cidade máis turística do Meta; é a capital da rexión do Ariari. Ten 60 964 habitantes.
    • Puerto López - Importante porto sobre o río Meta e importante municipio petrolífero do Meta. Cerca deste municipio encóntrase o centro xeográfico de Colombia. Ten 28 922 habitantes.
    • Puerto Gaitán - Importante porto sobre o río Meta e importante municipio petrolífero do departamento, con 17 310 habitantes.
    • Acacías - A uns 25 km de Villavicencio, conta con 54 753 habitantes.
    • San Martín de los Llanos - Un dos municipios máis antigos dp país, fundado en 1585. Ien 21 511 habitantes.
  • Vichada
    • Puerto Carreño - Capital departamental do Vichada. A súa poboación ascende aos 10 034 habitantes.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

  • A ponte internacional José Antonio Páez, que une as cidades de El Amparo en Venezuela e Arauca en Colombia, é unha das obras de infrestrutura máis importantes da rexión.
  • A estrada marxinal da selva, que se encontra en estado de construción, é un proxecto que busca integrar a rexión dos Llanos coa rexión amazónica dos países andinos.
  • A autopista ao Llano, que comunica a cidade de Villavicencio con Bogotá, duns 80 km. Logrou reducir o tempo da viaxe de 6 horas a 1 hora e 30 minutoa aproximadamente.
  • A autopista dos Llanos José Antonio Páez, de máis de 200 km, conecta varios estados llaneros de Venezuela co centro do país.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]