Castelán belizense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Castelán belizense
Outros nomes:Español belizense
Falado en: Belize
Total de falantes: 209 250 (68,8% da poboación)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán belizense
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Español centroamericano.png

O castelán belizense é a variedade da lingua castelá falada en Belize. É semellante ao castelán caribeño, andaluz e canario. Malia que o inglés é a única lingua oficial de Belize, o castelán é a lingua común da maioría da poboación (62,8%), e 174 000 persoas (43% dos belizenses) falan algunha variedade de castelán como lingua nai.

Historia[editar | editar a fonte]

A presenza da lingua castelá en Belize data do período do vicerreinado. A guerra de castas do Iucatán ofreceu a primeira poboación castelanfalante en Belize. Dos seis distritos que conforman a nación, tres son castelanfalantes por excelencia: Cayo, Corozal e Orange Walk. Tanto corozalenses como orangewalkenses descenden deses iucatecos que atoparon refuxio en chan belicense, mentres que os cayenenses descenden de guatemaltecos e salvadoreños, principalmente. O resto dos distritos posúen poboación castelanfalante tamén, aínda que en menor proporción. Este país formaba parte de España, que autorizou o estabelecemento de colonos do Reino Unido de Gran Bretaña, quen o incorporou como colonia cando os territorios centroamericanos se independizaron de España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O 52,1 % fala castelán con fluidez e o 11 % ten coñecementos da lingua, en total o 62,8%: celade.cepal.org