Saltar ao contido

Castelán panameño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán panameño
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Dialecto de
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/03wgfwy Editar o valor en Wikidata
IETFes-PA Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O castelán panameño é a variedade da lingua castelá ou español falado en Panamá. Corresponde a unha variedade local do castelán caribeño. Por mor da influencia cultural e da presenza dos Estados Unidos, o castelán panameño absorbeu moito vocabulario do inglés. Por outra banda, a inmigración de cidadáns de territorios do Caribe de fala inglesa (Xamaica, Trinidad e Tobago, Barbados, etc), durante o século XIX ás provincias de Bocas del Toro e Colón contribuíu nesta influencia. É falado por 4,1 millóns de persoas (2018).[1]

O francés tamén tivo unha lixeira influencia no castelán panameño. As colonias hebreas, árabes, italianas, hindis, chinesas e gregas influíron en menor grao no castelán panameño, ao igual que os pobos indíxenas de Panamá.

A base léxica do castelá panameño é o castelán de España, mais moitas linguas contribuíron á conformación da variedade mediante préstamos. Algunhas linguas amerindias, outras africanas, a inglesa, a francesa, a italiana e a alemá son as que en maior ou menor medida deixaron a súa pegada no castelán panameño.[2]

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», p. 7
  2. Giralt Latorre, Javier (1991). Algunos préstamos en el espaňol de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante: ELUA.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alvarado de Ricord, Elsie: El español de Panamá; estudio fonético y fonológico. Panamá, 1971.
  • Banse, Timoteo, Panamanian Spanish Slang: Words and Phrases ISBN 978-0934523-03-5.
  • Giralt Latorre, Javier (1991): Algunos préstamos en el español de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante, 7, 137–158.
  • Broce, Marlene e Torres Cacoullos, Rena (2002): Dialectología urbana rural: la estratificación social de (r) y (l) en Coclé, Panamá. Hispania, 85/2, 342–354.
  • Quilis, Antonio e Graell Stanziola, M. (1992): La lengua española en Panamá. Revista de Filología Española, 72/3–4, 583–638.