Saltar ao contido

Castelán peruano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán peruano
 Instancia de
 Subclase de
Características
Implicados
 Institución de normalización
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0k0qz1y Editar o valor en Wikidata
IETFes-PE Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O castelán peruano é o nome co que se coñece a un conxunto de variedades do castelán falado no Perú. O castelán é falado no país dende a invasión dos conquistadores españois en 1532. Existen catro variedades principais faladas no país, o castelán andino, o castelán costeiro peruano, o castelán andino-costeiro e o castelán amazónico.

A lingua castelá chegou ao Perú coa conquista en 1532 nos seus dialectos estremeño, andaluz e canario da época, recibindo pouco despois forte influencia do castelán da meseta.[1]

Nun principio foi falado só polos españois e os mestizos das cidades, xa que no eido rural andino continuou a falarse o quechua, o aimará e as demais linguas indíxenas por catro séculos, sendo maioritarias até a primeira metade do século XX. Despois diso,[2] a discriminación antiindíxena, a imposición do castelán por parte do goberno peruano, a irrupción dos medios de comunicación masiva e a migración rural a partir de 1940, reconfiguran o mapa dialectal do país.

  1. Garatea Grau, Carlos. (2010). "Español de América: No una sino varias normas p. 281". Tras una lengua de Papel . El español del Perú. Lima: Fondo Editorial Pontificia Universidad Católica del Perú. ISBN 978-9972-42-923-1.
  2. Miranda Esquerre, Luis. (1998). La entrada del español en el Perú p. 101, 111. Lima: Juan Brito/ Editor. ISBN 9972-702-00-6.