Castelán paisa
| Castelán paisa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Propiedades | |||||
|
Dialecto de
| |||||
| Clasificación lingüística | |||||
|
linguaxe humana ↳ linguas indoeuropeas ↳ linguas itálicas ↳ linguas románicas ↳ linguas románicas occidentais ↳ linguas galoibéricas ↳ linguas iberorrománicas ↳ linguas ibero-occidentais ↳ linguas castelás ↳ lingua castelá ↳ lingua castelá americana ↳ lingua castelá de América Latina ↳ lingua castelá en América do Sur ↳ lingua castelá de Colombia | |||||
| |||||
| Wikidata |
O castelán paisa é a variedade do castelán falado na Rexión Paisa de Colombia, que abrangue a maior parte dos departamentos de Antioquia, Caldas, Risaralda e Quindío, así como no leste e norte de Valle del Cauca e noroeste de Tolima. É facilmente recoñecible polo seu distintivo vocabulario, a súa entonación e a pronuncia apicoalveolar do /s/.
Historia
[editar | editar a fonte]O castelán paisa tivo a súa orixe na época colonial, xa que gran parte dos colonos de Antioquia proveñen de rexións de España onde se fala un castelán semellante e cun indiscutible compoñente sefardí, como Estremadura, Asturias, Cantabria, Navarra, Aragón e o País Vasco. O feito de que a Rexión Paisa estea nunha das zonas máis montañosas de América do Sur, cruzada polas cordilleiras Central e Occidental dos Andes colombianos, contribuíu a crear unha barreira de illamento natural que derivou en que a sociedade rural conservadora continuara falando un castelán moi achegado ao dos conquistadores do século XVI.[1]
O castelán da rexión paisa caracterízase polo voseo, que mantén a súa conexión co sefardí, e pola intensa pronunciación do "s", emitido como /s/ cóncava ([s̺] apicoalveolar que lembra ao son sh). Ademais, o castelán paisa caracterízase por moitos colombianismos únicos desta rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=6bwF64Py6dw], ¿Cómo se transmite el español en la región de Antioquia?