Saltar ao contido

Castelán murciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán murciano
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Alfabeto
Propiedades
 Alfabeto
 Dialecto de
Clasificación lingüística
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0dh3x5 Editar o valor en Wikidata
IETFes-u-sd-esmc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O castelán murciano é unha variedade do castelán falado na comunidade autónoma da Rexión de Murcia e nas comarcas adxacentes de Vega Baja del Segura e Alt Vinalopó na provincia de Alacant (Valencia) e o corredor de Almansa en Albacete (Castela-A Mancha). Nunha extensión máis grande, tamén pode incluír algunhas áreas que formaron parte do antigo Reino de Murcia, como o sueste de Albacete (agora parte de Castela A-Mancha) e partes de Xaén e Almería (agora parte de Andalucía).

O murciano considérase un dos dialectos do castelán meridional. As modalidades lingüísticas coas que o murciano ten máis semellanzas son o andaluz oriental e o castelán estremeño, así como coa lingua aragonesa e co valenciano alicantino. Historicamente foi considerado unha fala de transición entre o castelán meridional e as falas aragonesas. O murciano posúe unha tradición literaria que se remonta como mínimo até o século XIX, con autores como Vicente Medina, José Martínez Tornel ou Frutos Baeza.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aguilar Gil, Pedro: Raíces, habla y costumbres de los huertanos (A.A.V.V. Torrealta. Molina. 1999).
  • Álvar López, Manuel: Estudios sobre las hablas meridionales(Universidad de Granada. Granada. 2004).
  • Álvar López, Manuel: Las hablas meridionales de España y su interés para la lingüística comparada (Atlas Lingüístico de Andalucía, Tomo 1, nº. 2. Universidade de Granada. Granada. 1956).