Castelán nicaraguano
| Castelán nicaraguano | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||
|
linguaxe humana ↳ linguas indoeuropeas ↳ linguas itálicas ↳ linguas latino-faliscas ↳ linguas románicas ↳ linguas italo-occidentais ↳ linguas románicas occidentais ↳ linguas galoibéricas ↳ linguas iberorrománicas ↳ linguas ibero-occidentais ↳ linguas castelás ↳ lingua castelá ↳ lingua castelá de América ↳ lingua castelá de América Latina ↳ lingua castelá de América Central | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
O castelán nicaraguano é a variedade do castelán falado en Nicaragua. O castelán nicaraguano tamén é chamado a miúdo como nicañol.[1] O castelán nicaraguano comparte moitos trazos comúns coas variedades veciñas da rexión, mais tamén conta con diferenzas de pronuncia e uso da lingua. É falado por 6,2 millóns de persoas (2018).[2]
Nicaragua ten a porcentaxe máis alta entre tódolos países de América Central de uso de voseo, é dicir, o uso do pronome vos para a segunda persoa do singular, no canto do tú do castelán de España. Neste senso é semellante ao uso da lingua que se fai na Arxentina e no Uruguai, no coñecido como castelán riopratense. Vos é usado de maneira adoita en situacións familiares e coloquiais. O uso de "vos" pode escoitares en medios de comunicación e pode verse escrito en publicacións.[3]
Na Rexión Autónoma do Atlántico Norte e na Rexión Autónoma do Atlántico Sur, a lingua e a pronuncia está fortemente influída polas linguas indíxenas e crioulas, como o miskito, o rama, o sumo, o inglés crioulo nicaraguano, o patois xamaicano, o garífuna e o crioulo de Rama Cay.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nicaragua: Culture". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2025. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
- ↑ "Diccionario panhispánico de dudas". buscon.rae.es.