Saltar ao contido

Castelán costarriqueño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán costarriqueño
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Dialecto de
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/05p9ry0 Editar o valor en Wikidata
IETFes-CR Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O castelán costarriqueño é a variedade da lingua castelá ou español que é falado en Costa Rica. De maneira histórica, o país non foi unha colonia americana que espertase un profundo afán de poboamento, e mesmo durante o vicerreinado, foi a provincia máis setentrional de Nova España, polo que tivo unha influencia instrutiva case nula da coroa, o que incidiu directamente no particular desenvolvemento do seu xeolecto vernáculo. É falado por 5 millóns de persoas (2018).[1]

Malia o seu pequeno tamaño territorial, cada provincia do país conta con trazos distintivos na maneira de falar, acento e fonética. A provincia de Guanacaste ten moita influencia do veciño Nicaragua, o Val Central mantén unha liña en común, mais aínda así os ditos, expresións e fonética varían de provincia en provincia e mudan segundo a educación e clase social do locutor. A provincia do Caribe costarriqueño, Limón, amosa trazos totalmente propios na súa fala e cultura, influenciadas polo inglés crioulo e a inmigración xamaicana que se deu en devandita provincia. En Puntarenas consérvanse trazos do Val Central e Guanacaste, sendo ademais onde máis se rexistra o emprego do tuteo no país, ao sur preto da fronteira con Panamá.

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7