Linguas iberorrománicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lenguas Iberorromance.PNG

As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes. [1]

Características principais das linguas iberorrománicas[editar | editar a fonte]

  • A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza das linguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
  • O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
  • Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
  • Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
  • Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
  • Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
  • Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
  • Forman os plurais con (s).
  • Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia do éuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón. [3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Iberorromance occidental (nuclear)[editar | editar a fonte]

As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son: [4]

Iberorromance pirenaico-mozárabe[editar | editar a fonte]

A clasificación de Etnologue inclúe un grupo de linguas románicas da península ibérica dubidoso, formado polo navarro-aragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.

  • Navarro-aragonés (†):
    • Aragonés
      • Aragonés occidental: Aragüesino, Ansotano, Cheso, Aisino
      • Aragonés central: Belsetano, Aragonés do val de Vió, Panticuto
      • Aragonés oriental: Patués ou Benasqués
      • Aragonés meridional ou Somontanés
      • Xudeoaragonés (†)
  • Mozárabe (†)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  2. http://www.academiadelaragones.org/GBA_v0.1_.pdf
  3. Penny, Ralph (2002). A History of the Spanish Language. Cambridge University Press. p. 8. ISBN 978-0-521-01184-6
  4. https://www.ethnologue.com/subgroups/ibero-romance