Malespín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Busto de Francisco Malespín na Universidade do Salvador.

O malespín foi unha xerga da lingua castelá falada no século XIX no Salvador e que tamén se estendeu ao resto de América Central. No presente vestixial, e sobrevive só nun número pequeno de palabras.

A tradición di que o malespín foi inventado como unha xiria para o exército salvadoreño polo dirixente político Francisco Malespín. O xeneral Malespín foi elixido presidente en 1844 e deposto en 1845, despois de liderar ao país na guerra contra Guatemala.

En termos xerais, o malespín muda algunhas letras por outras, e viceversa:[1]

  • "A" por "e"
  • "I" por "o"
  • "B" por "t"
  • "F" por "g"
  • "P" por "m"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Malespín na RAE". Consultado o 8 de decembro de 2020.