Carlos Fernández Santander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Fernández Santander
Nacemento1944
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e historiador
editar datos en Wikidata ]

Carlos Fernández Santander, nado na Coruña en 1944, é un periodista, historiador e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de militar, quedou orfo de pai de neno, marchando a estudar a Madrid ao Colexio de Orfos do Exército, onde estivo oito anos. Regresou á Coruña na década de 1960, estudando Naútica e obtendo o título de capitán da Mariña Civil.

Como periodista foi redactor de La Voz de Galicia e colaborou nas revistas Defensa, Historia 16, Naval, Cambio 16, El Ciervo, La Aventura de la Historia e Diario 16. Foi comentarista radiofónico en Antena 3 Galicia e Radiovoz.

No mundo do cinema foi director de documentais, recibindo premios como El Bosco de Oro, o primeiro premio do Festival Internacional de Cala D'Or ou o Gran Premio Castelo d'Ouro (Lisboa). Foi guionista de televisión d' O monacato en Galicia (TVG) e ¿Lembraste? (crónica sentimental del franquismo).

Como historiador centrouse na Guerra Civil e o franquismo en Galiza. Dirixiu a reedición comentada de Galicia Mártir - Episodios del terror blanco en las provincias gallegas, en 2005, publicada como Galicia bajo la bota de Franco. Galicia Mártir[1], publicada en París e Argentina en 1938 co pseudónimo de de Hernán Quijano, contando a sublevación militar e a represión nas provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Non se coñece a autoría real tralo pseudónimo de "Hernán Quijano", se ben Fernández fala de Luis Seoane e Manuel Domínguez Benavides[2].

Obtivo o premio Ejército do Ministerio de Defensa e os premios Wesceslao Fernández Flórez e Julio Camba de periodismo.

Obra[editar | editar a fonte]

  • El Alzamiento de 1936 en Galicia: datos para una historia de la guerra civil (1982)
  • Los militares en la transición política española (1982)
  • Paracuellos del Jarama: ¿Carrillo culpable? (1983)
  • Antología de cuarenta años (1936-1975) (1983)
  • El almirante Carrero (1985)
  • Tensiones militares durante el franquismo (1985)
  • La persecución de Castelao durante el franquismo (1986)
  • El franquismo y transición política en Galicia (1986)
  • Bibliografía de la novela de la guerra civil y el franquismo (1996)
  • El crucero en la Armada española (1993)
  • Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (2000)
  • Casares Quiroga, una pasión republicana (2000)
  • El exilio gallego de la guerra civil (2003)
  • El general Franco: un dictador en un tiempo de infamia (2005)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia mártir, edición en castelán de 1949.
  2. Reseña de Galicia bajo la bota de Franco. na web da editorial (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]