12.535 (1968) censo 16.867 (1975) censo 16.641 (1982) censo 16.958 (1990) censo 18.368 (1999) censo 19.459 (2006) censo 19.920 (2011) censo 19.627 (2013) 19.827 (2015) 20.811 (2016) 19.880 (2017) censo 20.040 (2018) censo 20.210 (2019) censo 20.451 (2020) censo 20.344 (2021) censo 20.525 (2022) censo 20.315 (2023) censo
Os numerosos megálitos da zona son testemuña da súa antigüidade, ademais de achados de sílex, machados e pedras pertencentes a épocas prehistóricas. Preto de Lannion a mámoa da Motta garda xoias de metais preciosos.
A presenza dos galos varios séculos antes do comezo da era cristiá queda testemuñada coa aparición de moedas e restos de cerámica. O promontorio do Yaudet, no estuario do Léguer, servía á vez de defensa militar e de etapa para os navíos comerciais; no lugar encontráronse moedas fenicias.
Na Idade Media, a construción dun castelo permitía defenderse dunha vía de penetración fácil para os invasores pola existencia do río.
A primeira presa de 190 m. de longa, utilizada como trampa para peixes, foi construída en Servel. Formouse con postes unidos por tramados de madeira, con plataformas triangulares ancorando a estrutura na area e servindo tamén como rompente. Foi construída entre 613 e 615. Ao baixar a marea, os peixes quedaban atrapados nun estanque.
Lannion é unha cidade ponte sobre o río Léguer. A proximidade da desembocadura propicia subidas do seu nivel de varios metros, en función das mareas, no centro da cidade. Esta característica permitiu o establecemento dun vao en tempos remotos á altura da ponte de Kermaria, punto onde deixa de se facer notar a influencia das mareas. Esta particularidade foi aproveitada para a construción, en 1992, dun estadio de augas vivas maremotor; unha presa permite reter a auga traída pola marea alta e soltala nun percorrido artificial durante a marea descendente.
En 1960, a implantación do Centro Nacional de Estudo das Telecomunicacións imprime unha forte orientación á industria da cidade. Outras empresas de altas tecnoloxía seguen o seu paso. Isto permitiu a apertura dun IUT (Instituto Universitario de Tecnoloxía) e dunha escola de enxeñeiros en 1986. Lannion reagrupa unha parte importante das actividades de investigación en telecomunicación en Francia.
Lannion tamén é o concello onde o cable submarino «APOLLO undersea south cable» americano chega a Francia. O sitio está considerado como de importancia estratéxica e vital para os Estados Unidos, segundo un documento secreto difundido nas revelacións de telegramas da diplomacia americana por Wikileaks. O cable submarino WASACE Norte que une Francia aos Estados Unidos, que entrou en servizo en 2014 tamén sae de Lannion.
Igrexa Saint-Jean-du-Baly de Lannion, cunha torre de 1519 e a bóveda da nave restaurada en 2003
Capela do colexio Saint-Joseph, construída de 1935 a 1938 por James Bouillé, Xavier de Langlais, Charles Kerambrun, Jules Charles Le Bozec… na filiación dos Seiz Breur
Igrexa de Brélévenez, cunha escaleira de 142 banzos que leva ata a parte baixa da cidade
Capela Saint Roch, séculos XV-XVI
Convento das Ursulinas
Mosteiro Sainte-Anne transformado parcialmente a finais de 2006 en mediateca