Saltar ao contido

Illas da Canle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illas do Canal»)
Modelo:Xeografía físicaIllas da Canle
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°26′N 2°21′O / 49.43, -2.35
Bañado porCanal da Mancha Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis altoLes Platons (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (136 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie198 km² Editar o valor en Wikidata
Comunidade Internacional do Ceo Escuro
Sark
Data2011
Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
30 de xuño de 1940-9 de maio de 1945ocupação alemã das Ilhas do Canal (pt) Traducir
Channel Islands in the Wars of the Three Kingdoms (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización das Illas do Canal, preto da costa francesa

As Illas do Canal (ou Illas Anglo-normandas), (Channel Islands, en inglés; Îles Anglo-normandes, en francés), son un grupo de illas situadas ao longo da costa francesa, no Golfo de Saint-Malo, que antigamente formaron parte do Ducado de Normandía. Pertencen á Coroa Británica dende que Filipe Augusto confiscara os territorios franceses do rei de Inglaterra Xoán sen Terra. Xuridicamente non constitúen un territorio, senón que están divididas en dúas bailías[1] (bailiwicks): Guernsey e Jersey. As Illas do Canal son a única parte do antigo Ducado da Normandía que non foi incorporado a Francia.

Son dependencias da coroa británica pero non forman parte do Reino Unido (nin da Unión Europea).

A súa superficie total é duns 195 km², na cal viven uns 150.000 habitantes, repartidos nas illas de:

Completan o arquipélago un importante número de illotes e cons.

A Little Chapel ou Pequena Capela de Guernsey

As illas foron anexadas ao ducado de Normandía en 933. En 1066, o duque Guillermo o Conquistador invade e conquista Inglaterra, converténdose no seu rei. Desde 1204, a perda do resto dos territorios do entón monarca en Normandía continental fixo que as Illas Anglonormandas fosen gobernadas a partir de entón como posesións separadas da coroa británica.

As bailías foron administrados separadamente desde o final do século XIII, e apenas teñen institucións comúns. Os dous bailiados non teñen leis, nin eleccións nin corpo representativo comúns -aínda que os políticos se consulten regularmente-. Non hai diarios nin radios comúns ás dúas bailías, pero o número de habitantes fixo necesario unha canle de televisión común, o Channel Television («Televisión da Canle»).

Durante a segunda guerra mundial, as illas serían a única porción de chan británico ocupada por Alemaña.

Política

[editar | editar a fonte]

Tanto a bailía de Guernsey como a de Jersey son dependencias da coroa británica pero nun sentido estrito non forman parte do Reino Unido. Forman parte do ducado de Normandía desde o século X, e a raíña Isabel II é a miúdo saudada como duquesa de Normandía. Con todo, seguindo o Tratado de París (1259) e a Lei sálica, tecnicamente ela non é duquesa senón que goberna no seu lugar no seu dereito como raíña de Inglaterra.

Os Elms, en Xersei

Ningunha da bailías está representada no parlamento británico, aínda que cada unha posúe o seu propio parlamento, que pode solicitar que as leis dese sexan aplicadas a un ou a ambos os bailiados, por Orde do Consello, tras consulta local. As illas tampouco forman parte da Unión Europea.

Os gobernos insulares son responsables ante a raíña no Consello. En 2001, as competencias referidas os lazos entre as Illas Anglonormandas e a Illa de Man e a coroa pasou do Ministro do Interior ao Departamento do Lord Chanceler (substituído en 2003 polo Departamento de Asuntos Constitucionais).

Os seus cidadáns teñen pasaporte británico, o cal porta a lenda "British Islands, Bailiwick of Jersey" ou "British Islands, Bailiwick of Guernsey", no canto de "United Kingdom". De acordo coa lei de Interpretación de 1978, considéranse parte das "British Islands", a non confundir coas "British Isles" en inglés, o termo utilizado tradicionalmente para identificar ao grupo de illas situadas ao longo da costa noroeste de Europa: Gran Bretaña, Irlanda e outras illas adxacentes menores? das cales poden historicamente tamén ser consideradas como integrantes. Así, podería dicirse que estas son illas británicas (polos seus lazos políticos) aínda que xeograficamente non compoñan o arquipélago das Illas Británicas.

Ambos os bailiados son membros do Consello Británico-Irlandés. O idioma nativo das Illas Anglonormandas é un subdialecto do francés normando, tal subdialecto posúe dúas variedades a de Jersey (ou Jèrriais - palabra que se pronuncia aproximadamente "yerrié") e a de Guernesey (ou Dgèrnésiais -pronúnciase aproximadamente "shernesié"). O Jèrriais e o Dgèrnésiais foron recoñecidos como linguas rexionais das illas, á parte do inglés.

Os seus tribunais son independentes un do outro, pero existe un tribunal de apelación común.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Situación das Illas Anglonormandas
Situación das Illas Anglonormandas
Illas da Canle
Bailía Illas con poboación estable Superficie Poboación Illotes deshabitados
Bailía de Jersey Jersey 116 km² 91 626 (2009)
  • Les Minquiers
  • Les Écréhous
  • Les Dirouilles
  • Les Pierres de Lecq
Bailía de Guernsey Guernsey (Guernesey en francés) 63 km² 62 508
  • Caquorobert
  • Crevichon
  • Grande Amfroque
  • Les Houmets
  • Lihou (ocupado unha parte do ano)
Alderney (Aurigny, en francés) 7,8 km² 2 400
  • Burhou
  • Casquets
  • Ortac
  • Renonquet
Herm 2 km² 60
Sark (Sercq, en francés) 5,45 km² 600
Jethou 0,18 km² 3
Brecqhou 0,60 km² 2
Total Guernsey 81 km² 65 573

Todas excepto Jersey están na bailía de Guernsey. No entanto, as Minquiers e Ecréhous, un grupo de illotes deshabitados, pertencen ao bailiado de Xersei.

Hai outro pequeno arquipélago, Chausey, ao sur de Jersey que non está incluída xeograficamente nas Illas da Canle. Pertence a Francia e aínda que recibe moito turismo galo, apenas é visitada polos habitantes das Illas e tampouco existen transportes entre estas e Chausey.

As grandes variacións nas mareas causan unha contorna ambiental moi rico na zona intermareal.

Economía

[editar | editar a fonte]

O turismo é a principal fonte de ingresos das illas máis pequenas (xunto á agricultura). Xersei e Guernsey teñen desde os anos 1960, unha importante banca. En Guernsey, a horticultura e invernadoiros foron máis significativos que en Xersei, así como a industria. Xersei centrouse desde os anos 1980 nos servizos financeiros.

Así mesmo a situación de independencia con respecto ás directivas do Reino Unido e da Unión Europea propiciou o establecemento e proliferación de empresas que operan en mercados emerxentes como o do xogo por Internet. Estas empresas obteñen as correspondentes licenzas administrativas do goberno local, para posteriormente ofrecer os seus servizos externamente. Este modo de actuar é moi similar noutros territorios con xurisdición similar como a Illa de Man e Xibraltar.

Ambos os bailiados emiten cada un os seus propios billetes e moedas e posúen un servizo postal independente que emite os seus propios selos. Ambas as moedas circulan libremente nos dous bailiados xunto coas moedas emitidas no Reino Unido, así como os billetes do Banco de Inglaterra e de Escocia. Pero os selos postais só poden ser utilizados nos seus respectivos bailiados.

Tradicionalmente a cultura dos habitantes das illas fora normanda, isto é, os seus habitantes falaban o dialecto normando da lingua de oïl. A partir do século XIX, unha maior facilidade de transporte con Gran Bretaña propiciou o asentamento de ingleses, o cal, unido con outras comunicacións, acabaron por anglonizar as illas. Actualmente, o normando xa está completamente extinguido na illa de Alderney e no resto o seu número de falantes non chega ao 10%, maioritariamente de idade avanzada. Con todo, o francés segue sendo unha lingua (cerimonialmente) oficial.

As "pedras das bruxas" sobre unha típica cheminea das Illas Anglonormandas

Victor Hugo pasou algúns anos no exilio, primeiro en Jerseye despois en Guernsey onde escribiu Os miserables. Guernsey é tamén o lugar en que se ambienta a última novela do autor: Os traballadores do mar.

O anual Muratti, o partido de fútbol entre as illas, é considerado o acontecemento deportivo do ano, aínda que debido á televisión, non atrae a tantos espectadores como outrora, cando se trasladaban ás illas.

A cor tradicional de Guernsey para o deporte e outras actividades é o verde, Xersei ten o vermello.

Os insulares tiveron tradicionalmente alcumes de animais:

  • Guernsey: burricáns - As costas das rúas do porto de St. Peter esixían o emprego de bestas de carga, pero a xente de Guernsey tamén di que é un símbolo da súa forza de carácter.
  • Jersey: crapauds (sapos en francés e jèrriais) - Xersei ten sapos e serpes dos que Guernsey carece.
  • Sark: corbins (corvos) xa que son vistos desde o mar na costa da illa.
  • Alderney: lapins (coellos) - a illa é coñecida polos seus tobos.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

Cada illa ten a súa bandeira, non existindo unha que as una como Illas da Canle.

Lei Sálica

[editar | editar a fonte]

Nas Illas do canal, a Raíña Isabel II do Reino Unido é saudada como Súa Maxestade a Raíña, Noso Duque. A contradición co xénero masculino está enraizada na lei sálica que determinaba que a Normandía debe ser exclusivamente gobernada por homes.

  1. "Bailía". academia.gal. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]