Bexhill-on-Sea
Coordenadas: 50°51′N 0°28′O / 50.85, -0.47
Bexhill-on-Sea (a miúdo coñecido sinxelamente como Bexhill) é unha vila inglesa que se atopa no condado de East Sussex, no Sueste de Inglaterra. É unha vila antiga e forma parte do distrito de goberno local de Rother. Bexhill é fogar dun bo número de sitios arqueolóxicos, unha Manor House en Old Town, boas mostras de arquitectura eduardiana e vitoriana, e o famoso De La Warr Pavilion: hoxe un centro de arte contemporánea que contén obras de Andy Warhol, Cerith Wyn Evans e Richard Wilson, entre outros. Tamén ten un auditorio, onde Bob Marley fixo a súa primeira actuación no Reino Unido, e dende entón pasaron por el artistas como Elvis Costello, Goldfrapp, Ray Davies, Years & Years, Patti Smith e Laurie Anderson.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bexhill-on-Sea ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bexhill-OSM (en inglés)
- Discover Bexhill (en inglés)
- 1066 Country (en inglés)
- De La Warr Pavilion (en inglés)