Unió Esportiva Llagostera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UE Llagostera
Nome Unió Esportiva Llagostera
Fundación 1947
Estadio Municipal de Llagostera,
Llagostera, Xirona, España España
Inauguración 1948
Capacidade 1.000
Presidente Flag of Spain.svg Isabel Tarragó
Adestrador Flag of Spain.svg Oriol Alsina
Liga 2ªB - Grupo 3
2010-11 (Terceira División Española)
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

A Unió Esportiva Llagostera é un club de fútbol español de Llagostera, na provincia de Xirona. Foi fundado en 1947 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.

Historia[editar | editar a fonte]

Co nome orixinal de Unión Deportiva Llagostera, o club foi fundado en novembro de 1947 polo entón alcalde da localidade, Leandre Calm, quen foi tamén o seu primeiro presidente.

A UE Llagostera pasou o seu primeiro século de vida nas categorías rexionais do fútbol catalán. A súa historia cambiou coa chegada ao banco de Oriol Alsina. O club, que a tempada 2004/05 militaba en Segunda Territorial, logrou catro ascensos en cinco anos, debutando en Terceira División en 2009. En xullo de 2008 Isabel Tarragó, esposa do técnico, Oriol Alsina, accedeu á presidencia do club en substitución de Josep Valentí.[1]

A tempada 2010/11 logra o maior éxito da súa historia, ao proclamarse campión de Terceira División na súa segunda campaña na categoría.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme do 50 aniversario: Camiseta negra cunha franxa branca, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

A UE Llagostera xoga como local no Camp Municipal d'Esports de Llagostera, situado na Avinguda de l'Esport. O recinto foi inaugurado o 3 de febreiro de 1948. Os sucesivos ascensos da UE Llagostera nos anos 2000 obrigaron a remodelar o degradado estadio, polo que o club viuse obrigado a xogar, temporalmente, na veciña localidade de Santa Cristina d'Aro. As obras realizáronse durante a tempada 2008/09 e culminaron coa instalación de céspede artificial.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
de 47-48 Rexional
a 07-08 Rexional
2008/09 Primera Catalana Green Arrow Up.svg
2009/10
2010/11 Green Arrow Up.svg
2011/12 2ªB


Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]