Mar Adriático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Adriático")
Mar Adriático
Punta Palascía ou cabo de Otranto, o punto máis oriental de Italia

Punta Palascía ou cabo de Otranto, o punto máis oriental de Italia
Localización administrativa
País Italia Italia
Eslovenia Eslovenia
Croacia Croacia
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Montenegro Montenegro
Flag of Albania.svg Albania
División Rexións de Puglia, Molise, Abruzos, Marcas, Emilia-Romaña, Véneto e Friúl-Venecia Xulia (ITA)
Istria Eslovena (ESL)
Condados de Istria, Primorje-Gorski Kotar , Lika-Senj, Zadar, Šibenik-Knin, Split-Dalmacia e Dubrovnik-Neretva (CRO)
Cantóns de Una-Sana, Cantón 10, Herzegovina Occidental e Herzegovina-Neretva (BOS)
Condados de Shkodër, Lezhë, Durrës, Tirana, Fierr y Vlorë (ALB)
Localización xeográfica
Mar (océano) Mar Mediterráneo
Continente Europa
Xeografia
Mares contiguos Mar Xónico
Afluentes Po (652 km), Adige (410 km), Piave (220 km), Reno (211 km), Brenta (174 km), Tagliamento (170 km) e Ofanto (170 km) (ITA)
Cidades ribeireñas Otranto, Brindisi, Bari, Ortona, Pescara, Ancona, Pésaro, Rimini, Rávena, Venecia e Trieste (ITA)
Pula, Rijeka, Zadar, Šibenik, Split e Dubrovnik (CRO)
Durrës (ALB)
Accidentes
 • Golfos e baías Golfos de Venecia e Manfredonia (ITA) Golfo de Piran (CRO)
 • Estreitos Estreito de Otranto e estreitos de Corfú (mar Xónico)
 • Outros Penínsulas Itálica, dos Balcáns e Istria
Superficie 160.000 km²
Lonxitude màxima 800 km
Anchura màxima 200 km
Profundidade media 44 m
Mapa
Red pog.svg
Localización do mar Adriático no sur de Europa

Localización do mar Adriático no sur de Europa
Mar Adriático, coa Italia á esquerda e a costa balcanica á dereita. Imaxe NASA
Mar Adriático, coa Italia á esquerda e a costa balcanica á dereita. Imaxe NASA

O Mar Adriático é unha parte do mar Mediterráneo, un golfo moi alongado pechado ao norte. Baña ao norte e ao oeste as costas de Italia e o leste as da península balcánica. Ten unha superficie de 160.000 km², cunha profundidade máxima de 1.460 m e unha profundidade media de 240 m.

Os estados bañados polo mar Adriático son Italia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Albania e Grecia. O mar Adriático posúe diversos portos importantes, destacándose Venecia (Mestre) e Trieste, que foi por moito tempo a saída marítima do Imperio Austrohúngaro para o mar Mediterráneo.

Nome e etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para os romanos era o Mare Superum; en latín medieval era Mare Hadriaticum ou Mare Adriaticum. O nome provén da colonia etrusca de Adria (ou Hadria) e designaba orixinariamente só a parte norte do mar (como se ve en Heródoto e Eurípides) mais foise estendendo gradualmente segundo adquirían importancia as colonias de Siracusa.

Mesmo se o Adriático, no seu sentido máis estrito, só se estendía até o Monte Gargano, a porción exterior chamábase Mar Xónico. O nome, porén, designaba ás veces con pouca precisión o Golfo de Tarento, o Mar de Sicilia, o Golfo de Corinto e mesmo o mar entre Creta e Malta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Adriático Modificar a ligazón no Wikidata