Puglia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puglia
Apulia
Bandeira de Puglia Escudo de Puglia
Bandeira Escudo
 
Apulia in Italy.svg
 
Estado Italia Italia
Capital
 • Poboación
Bari
659.623 (2008)
Linguas
 • Oficiais
italiano, francoprovenzal, grego
Italiano
Status
 • Presidente
Rexións de Italia
Michele Emiliano (PD) (01/06/2015)

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

19 540,9 km²

km
784 km
Poboación
 • Total
 • Densidade

4 088 322 (31-1-2015)
209,22 hab./km²
Xentilicio pugliesi
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .it
Código ISO IT-75 (ISO 3166-2)
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Italia

Puglia (en fala barese e fala foggiano: Púgghie; en fala salentina: Puia; en franco-provenzal: Poulye; en latín: Apulia) é unha rexión da Italia meridional. Conta con 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Taranto. Corresponderíase co tacón da analoxía popular entre a forma de bota e a forma xeográfica de Italia, quere dicir, está no extremo sueste da península itálica. Ten unha extensión de 19.358 km², e a capital é Bari.

Praza Cavour, Foggia

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista das Illas Tremiti

A Puglia é a rexión máis oriental de Italia. Punta Palascia (en Otranto, no Salento), dista preto de 80 km das costas de Albania e constitúe o punto máis oriental de Italia. O seu territorio é chairo no 53,3%, ten outeiros no 45,3% e montañoso só no 1,5%. Está bañada polo Mar Adriático e o Mar Xónico.

Puglia é una rexión moi árida. Os principais ríos son o río Fortore, o río Candelaro, o río Cervaro e o río Ofanto. Os seus poucos ríos son torrenciais e no Tavoliere. No resto de lugares, a auga da choiva fíltrase polo leito de calcaria para formar cursos subterráneos de auga que afloran preto da costa. A auga subterránea é polo tanto abondo, e hai moitas covas.

O clima en Puglia é mediterráneo, agás en Tavoliere, onde reviste caracteres de continental. A paisaxe está cuberta de garrigas ou maquias debido a un clima bastante seco provocado polos cálidos ventos procedentes do norte de África e do Levante (tramontana), así como dos fríos e tamén desecantes ventos do nordeste (bóreas). O único lago potable, de onde sae o acueduto pugliese, é o Lago de Occhito situado no lindeiro con Molise (esta escaseza de auga fan habituais as crises hídricas).

División administrativa[editar | editar a fonte]

A rexión da Puglia subdivídese nas seguintes provincias:

Mapa das provincias da Puglia
Apulia Provinces.png