Zadar
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Croacia | |||
| Divisões administrativas da Croácia (pt) | Adriatic Croatia (en) | |||
| Condado | Zadar | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 70.779 (2021) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 192,4 km² | |||
| Altitude | 5 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Creación | 384 a. C. | |||
| Santo padrón | Anastácia de Sirmium (pt) | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Božidar Kalmeta (pt) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 23000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 023 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Prilep (pt) Reggio Emilia (1972–) Romans-sur-Isère (1985–) Fürstenfeldbruck (pt) Banská Bystrica (1995–) Székesfehérvár (1997–) Padua (2003–) Iquique (2003–) Veliko Tarnovo (2008–) Veliko Tarnovo (en) Dundee (2014–) | |||
| Sitio web | grad-zadar.hr | |||
Zadar (ital. Zara) é unha cidade croata na costa do mar Adriático. É capital do condado do mesmo nome.
Historia
[editar | editar a fonte]Probablemente fundada polos Ilirios, a cidade no primeiro século é un municipio romano da provincia de Dalmacia. Coñecíase como Iader nesa época. Coa caída do Imperio Romano Occidental, a cidade convértese na capital da provincia bizantina de Dalmacia.
Na alta idade media a provincia é invadida polos croatas e a cidade rende obediencia ó rei croata Coloman, isto fai que a cidade se vexa metida nos conflitos entre eslavos e a República de Venecia, potencia dominante na zona. Durante a Cuarta Cruzada, a cidade foi asediada e saqueada polos exércitos financiados pola República de Venecia. En 1202 cruzados franceses e venecianos conquístana.
Nos seguintes séculos a cidade é disputada por venecianos, maxiares húngaros e reis eslavos. .Finalmente serán os venecianos os que establezan en Zadar a defensa ó Adriático fronte á ameaza dos turcos otománs.
Cando en 1797 desaparece a República de Venecia, o seu territorio pasa a formar parte do Imperio Austríaco e despois do Imperio Austrohúngaro.
A cidade será a capital do Reino de Dalmacia. Polo Tratado de Rapallo de 1920, a cidade pasa a mans italianas. Na Segunda guerra mundial é tomada polos alemáns e é bombardeada 72 veces polos aliados.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ten unha poboación de 81.688 habitantes (2006), dos cales o 92,77% son de orixe croata (censo de 2001).
Outros
[editar | editar a fonte]É arquidiócese católica e sé bispal ortodoxa. É tamén sede do Centro dos Estudos Galegos, na Universidade de Zadar.[1]
En 2005 abriuse ao público o Órgano do Mar, un xigantesco órgano de tubos instalado debaixo de grandes chanzos de mármore á beira do mar, que produce sons a través do vento e das ondas.[2]
Imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Donato
-
Fórum romano
-
Igrexa de San Simón
-
Igrexa de San Simón
-
Pôr-do-sol na marina
-
Igrexa de San Donato e Fórum romano
-
Igrexa de Santa Maria
-
Universidade (1396)
-
Marina
-
Zadar - Vista panorámica
-
Por do sol en Zadar
-
Catedral Santa Anastácia
-
Porta Marina
-
Porta Terraferma
-
Igrexa de Santa Maria
-
Igrexa de San Donato
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Croacia - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ "Órgão gigante transforma o ritmo das ondas do mar em música". Pensamento Verde (en portugués). 2015-11-26. Consultado o 2022-11-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zadar |
- Xogos Mundiais Croatas - Zadar 2010 (Xogos deportivos e actividades culturais da diáspora croata qe se celebran cada catro anos)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
