Río Adige
Río Adige | |
---|---|
País | ![]() |
cidades | Trento, Verona, Legnago, Merano, Bolzano e Rovereto. |
Nacemento | Passo Resia (Reschenpass), na Alta Val Venosta (Hochvinschgau) |
Lonxitude | 410 km |
Conca | 12.200 km² |
Desembocadura | mar Adriático |

O río Adige (alemán Etsch, ladino Adiç, trentino Ades, véneto Àdexe) é un río italiano.
Percurso[editar | editar a fonte]
Nace preto do Passo Resia (Reschenpass), na Alta Val Venosta (Hochvinschgau), no Alto Adige e desauga no mar Adriático, non lonxe de Chioggia. Por lonxitude - cerca de 410 km - é o segundo río italiano logo do Po e o 3° polo tamaño da conca, detrás do Po e o Tíber.
Atravesa as cidades de Trento, Verona, Legnago e baña Merano, Bolzano e Rovereto.
Os vales polos que corre reciben varios nomes: Val Venosta entre as fontes do nacemento e Merano, Val d'Adige entre Merano e Rovereto, Vallagarina entre Rovereto e Verona, e Val Padana entre Verona e a foz.
Conca[editar | editar a fonte]
A súa conca hidrográfica abrangue 12.200 km²: dos cales 7.200 corresponden ao Alto Adige, territorio que escoa nuns 140 km (é dicir, 1/3 do seu percurso completo).
Os seus principais afluentes son:
- o Río Ram (Rambach).
- o Río Passirio (Passer).
- o Río Isarco (Eisack).
- o Río Noce.
- o Río Avisio.
- o Río Fersina.
- o Río Leno.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Adige ![]() |