Río Isonzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 45°59′40″N 13°38′29″L / 45.99444, -13.64139

Vista do río Isonzo ou Soča
Curso do Soča / Isonzo

O río Isonzo (en italiano) (Lusinç en friulano), Soča en esloveno, Sontig en alemán, Aesontius ou Isontius en latín)[1] é un río de 140 km de lonxitude que flúe a través de Eslovenia occidental e desemboca no nordeste de Italia.

Características[editar | editar a fonte]

É un característico río alpino, cuxa fonte está situada a 1 100 m de altitude,[2] nos Alpes Xulianos, ao oeste do monte Triglav, o pico máis alto de Eslovenia.

Despois de atravesar dito monte, seu curso diríxese ao sur, percorrendo as localidades de Bovec, Kobarid, Tolmin, Nova Gorica e Gorizia, para, finalmente, desembocar no mar Adriático, cerca da cidade italiana de Monfalcone. Así, o Soča percorre 99 km en Eslovenia e 41 km en Italia.

O curso actual do río é o resultado de varios imoportantes cambios que se produciron durante os últimos 2 000 anos. Segundo o historiador romano Estrabón, o río chamado Aesontius, na época romana pasaba por Aquileia ata o mar Adriático, era esencialmente o sistema fluvial do Natisone e o Torre.[3] En 585, un corremento de terras cortou a parte superior do leito do río Natisone, provocando a súa posterior captura polo río Bontius. A descarga subterránea orixinal do Bontius no Timavo quedou obstruída, e outra avulsión devolveu o novo curso de auga ao leito do baixo Natisone.

Durante os séculos seguintes, o estuario deste novo río, o Soča, desprazouse cara ao leste até captar o curto río costeiro Sdobba, polo que agora o Isonzo desemboca no mar Adriático. A antiga ría (do Aesontius, e o primeiro Isonzo) na recentemente formada lagoa de Grado converteuse nun regato costeiro independente.[4]

Batallas no val do Isonzo[editar | editar a fonte]

O val do Isonzo, ou val do Soča foi o escenario dunha das maiores operacións bélicas da Primeira Guerra Mundial, entre maio de 1915 e novembro de 1917.

Nese período sucedéronse as doce batallas do Isonzo na fronte italiana, na que máis de 300 000 soldados italianos e austro-húngaros perderon a vida.[5][6]

Deporte[editar | editar a fonte]

Adoitan realizarse carreiras en caiac río abaixo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richard J. A. Talbert, ed. (2000): Barrington Atlas of the Greek and Roman World: Map-By-Map Directory. Vol. I. Princeton, Nova Jersey e Oxford, UK: Princeton University Press. p. 273. ISBN 0-6910-4945-9.
  2. Reke, dolge nad 25 km, in njihova padavinska območja (Ríos, de máis de 25 km, e as súas zonas de desaugue). Oficina de Estatística da República de Eslovenia.
  3. Estrabón, Xeografía, Vol. V, Capítulo 1.
  4. Brockhaus' Konversations-Lexikon. 14th ed., Leipzig, Berlin e Viena, 1894; Vol. 9, p. 727.
  5. FirstWorldWar.Com The Battles of the Isonzo, 1915-17.
  6. Véxase tamén John R. Schindler (2001): Isonzo: The Forgotten Sacrifice of the Great War. ISBN 978-0-2759-7204-2.
  7. Puchta, Herbert; Stranks, Jeff (2004). "We're going on holiday" [Estamos indo de viaxe]. English in Mind. Cambridge University Press. p. 68. ISBN 978-8-4832-3790-8. Consultado o 12 de marzo de de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]