Adria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro histórico de Adria

Adria é unha comuna da provincia de Rovigo, Véneto, Italia situada ás beiras do río Tártaro. Deu nome ao Mar Adriático. Conta con 20.691 habitantes (2003). A lingua tradicional da comuna é o véneto, na súa variedade central.

Segundo a tradición local, a cidade foi fundada por Atri, o rei dos pelasgos. Entre os séculos X e VI a.C. o territorio estaba habitado por paleo-vénetos, que deixaron numerosos restos arqueolóxicos. No século VI a.C. os gregos asentáronse no territorio e no século IV a.C. Adria converteuse nunha colonia de Siracusa, no século III a.C. foi ocupada polos galos. No século II a.C. Adria convertiuse nunha colonia romana. No século V d.C. Adria estaba gobernada por un bispo, aínda que dende o XIII contou cunha organización comunal.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adria