Río Neretva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neretva
PaísBosnia e Hercegovina, Croacia
NacementoMacizo de Lebresnice
Lonxitude225 km
Conca5.581 km²
Caudal medio378 m³/s
DesembocaduraMar Adriático
O curso do Neretva en mapa.]]
O Neretva ao paso por Mostar

O Neretva é un río que flúe por Bosnia e Hercegovina e Croacia, desaugando, neste último país, no mar Adriático, despois dun curso de 225 km. En tempos era coñecido na Europa Occidental polo seu nome italiano de río Nerenta.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Neretva nace no macizo de Lebresnice, nos Alpes Dináricos, a 1.095 m de altura, en Hercegovina, e flúe primeiramente cara ao noroeste, para paulatinamente irse curvando cara ao sueste. Despois de pasar pola cidade de Mostar, diríxese cara á rexión da Dalmacia, xa en Croacia, desembocando na cidade de Ploča, ao norte de Dubrovnik.

O Neretva vai con frecuencia encaixado profundamente entre as montañas que corta, ocasionando gargantas como a de Tara, e só de cando en vez se abre en fértiles vales. Nos 50 últimos quilómetros forma o estuario do Neretva, nos que en parte se nota o influxo do mar.

En total o Neretva transita por Bosnia e Hercegovina durante 203 km, e só en case a décima parte do curso, flúe por Croacia.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Pola beira dereita:

Pola beira esquerda:

Explotación[editar | editar a fonte]

Levantouse un encoro entre as cidades bosníacas de Jablanica e Mostar, e cuxa cola é coñecida como o lago de Jablanica. O río é navegábel desde a desembocadura até Metković, xusto na fronteira bosníaco-croata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]