As Frieiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa do bispado de Ourense de 1763, no que aparece sinalada a comarca das Frieiras.

As Frieiras é unha comarca natural galega situada no sueste da provincia de Ourense. A súa superficie coincide a grandes liñas co territorio dos municipios da Mezquita, A Gudiña e Riós, polo que suma 390 km² e 3.793 habitantes en 2019[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

A bisbarra, que na actualidade carece de entidade administrativa, conformou canda os lugares de Hermisende, A Teixeira, Padornelo e Lubián unha unidade organizativa integrada na xurisdición de Baronceli ou Varoncelle, que existiu ata 1851[2]. Esta relación histórica é reflexo da continuidade orográfica das Frieiras maila parte meridional da comarca das Portelas, coa que conforma unha especie de anfiteatro aberto ao sur que constitúe a cabeceira do sistema fluvial do río Tua, tributario do Douro. Os mananciais na zona galega aflúen nos ríos Mente e Rabazal e os provenientes de León no río Tuela.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Verbo da orixe do nome desta terra existen varias teorías. A menos fundamentada explícao como un adxectivo derivado de freire, de xeito que 'terras frieiras' serían as propiedades que tiñan os monxes na zona[3]. Outra posibilidade é que nome remita ao clima[4], aínda que se ben os invernos de certo son fríos, non destacan pola súa crueza en comparación cos doutras comarcas do redor. Unha terceira hipótese relaciona o topónimo co termo latino frivolum, nun sentido laso co significado de efémero ou pasadío, que faría referencia a malladas precarias e temporais ou, aplicado ás terras, a pasteiros estacionais[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J, Sr (2007-04-28). "ARBOLÍCIA: A Nova Geografia Galega (II): Terras do Bolo, as Frieiras e as Portelas". ARBOLÍCIA. Consultado o 2020-11-17. 
  2. Rivas Quintas, E.; Rodríguez Cruz, X. (2002). Terra das Frieiras. Ourense: Deputación Provincial. pp. 15–17. 
  3. "Información Xeográfica. Concello de A Mezquita" (en castelán). Consultado o 2020-11-17. 
  4. 4,0 4,1 Álvarez Pousa, C. (2019). "O vianés e o galego da área zamorana. Particularidades en común destas variedades do galego oriental". Madrygal. Revista de estudios gallegos (22): 18.