Festa dos Reis na Mezquita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Festa dos Reis é unha festividade, incluída dentro dos festexos do entroido, que se celebra nos primeiros días de xaneiro nalgunhas aldeas do concello da Mezquita.

Características[editar | editar a fonte]

O calendario festivo consta de cinco xornadas, que poden variar en nome e data:

  • Cantar os reis: o primeiro día anúnciase a festa cantando coplas tradicionais diante das vivendas das aldeas.
  • O día de pedir: neste segundo día, os zamarreiros chaman ás portas das casas para pedir o aguinaldo. A veciñanza adoita axudar a festa con carne de porco, froita, licores ou mesmo cartos.
  • Os invitados: convídase a comer ós persoeiros da aldea (tradicionalmente o alcalde, o médico, o secretario e mailo cura) así como ós convidados dos participantes na festa e ós homes que deron un bo aguinaldo.
  • A corrida do galo: no cuarto día, subidos a burros ou cabalos, os mozos da festa sacrificaban os galos, tirándolles da cabeza, mentres están pendurados dunha corda polas patas.
  • A parranda: faise unha procesión onde figuran un rei e un vicerrei, disfrazados con barba, coroa e capa. Pola noite escóllense os reis para os dous anos seguintes.

Ademais, chámaselle oficio á tarefa que teñen que desenvolver algúns membros da comunidade durante a festa: habitualmente son os máis novos ou aqueles que destacan por teren algunha habilidade concreta. Por exemplo, os que son bos tratantes son os encargados de comprar os galos. Sen o correcto cumprimento dos oficios sería totalmente imposible a realización da festa pois os reis non serían capaces de facelo todo. Para os máis mozos supón unha metáfora da súa incorporación activa á vida da aldea. Algúns oficios son o de zamarreiro, o de roubar as verzas, o de arrincar os torgos, o de camareiro ou o de burriqueiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Elijio Rivas, José Rodríguez Cruz: Terra das Frieiras, Ourense: Deputación Provincial , 2002 ISBN. 84-96011-07-0
  • O Sil. Decembro 2008. Especial Nadal 2008. Edición impresa.
  • La Región, 24 de xaneiro de 2010, Suplemento Vida, páxina 26. "Tradicional Fiesta de Reyes en A Mezquita"
  • Xerardo Dasairas: O Entroido en Terras de Monterrei. Edicións do Cumio, 1990.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]