José Luis Santamarina Ferro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1951 Verín, España |
| 2007 – 2011 ← Francisco José Montesinos Rodríguez – Rafael Pérez Vázquez → | |
| Actividade | |
| Ocupación | empregado de banca, político |
José Luis Sanatamarina Ferro, nado en Verín en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado de banca, en 2002 comezou a traballar nunha sucursal da Mezquita[1]. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Mezquita e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura socialista e perdeu a alcaldía tras pasar a se-la terceira forza política, 2 votos por detrás do BNG. Desta forma, apoiou o candidato nacionalista Rafael Pérez Vázquez na investidura, o cal saíu elixido alcalde ó contar cos votos dos socialistas e do único concelleiro do PPdeG, impedindo que o independente Francisco Montesinos lograse a alcaldía, pasando a gobernar as tres forzas en coalición. En agosto dese mesmo ano presentou a súa renuncia como concelleiro, tras xubilarse e volver residir en Verín.[2]
| Predecesor: Francisco José Montesinos |
Alcalde da Mezquita 2007 - 2011 |
Sucesor: Rafael Pérez Vázquez |