Malasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malasa

Comercial Malasa, O Temple.
TipoSociedade Limitada Unipersoal
Fundación1992
MatrizGrupo Malasa SL
LocalizaciónA Telva 1A, 15181 Sigrás, Culleredo, (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorAntonio e Javier Pérez
IndustriaMobles
Beneficio57.031.869 € (en 2016)[1]
Número de empregados106
editar datos en Wikidata ]

Malasa é un grupo de empresas galegas adicadas ao sector do moble e a decoración fundada no Temple (Culleredo) e con sede en Sigrás, Culleredo.

Historia[editar | editar a fonte]

Malasa foi fundada no Temple en 1992 como unha empresa de deseño, fabricación e instalación de mobiliario e decoración.[2] A empresa ten fábrica no Polígono industrial do Acevedo en Cerceda.

Malasa deseña e constrúe mobiliario para locais comerciais. Traballan para marcas como: Desigual, Tous, Skhuaban, Bershka, Zara ou Zara Home.

En 2018 GPF Capital entrou como accionista da empresa mercando un terzo das accións.[3] En 2018 comprou o Grupo Noa, tamén adicado ao sector do moble e para Inditex. Malasa acadou un volume de negocio de 130 millóns de euros.[4]

Teñen certificacións ISO 9001, ISO 14001 e FSC.

Empresas do grupo Malasa[editar | editar a fonte]

  • Comercial Malasa
  • Fresno Noroeste
  • Fresno Metal
  • Fresno Cristal
  • Ebanistería Barreiro
  • Armarios Galicia
  • Montajes Cerceda
  • Noa Madera Creativa.

Notas[editar | editar a fonte]