Marta Ortega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marta Ortega Pérez, nada na Coruña en 1983, é unha empresaria galega, vicepresidenta de dúas sociedades do grupo Inditex.
[editar] Traxectoria profesional
Filla de Amancio Ortega, estudou Empresariais, e é vicepresidenta das sociedades Gartler e Partler, que controlan o 50,01% e o 9,3% do grupo téxtil Inditex. O presidente desas dúas firmas é o seu pai. Perfílase como a sucesora de Amancio Ortega á fronte da empresa.
[editar] Vida persoal
Grande afeccionada á equitación, ten competido en probas de carácter internacional. A súa parella sentimental é o tamén xinete internacional español Sergio Álvarez Moya, ao que está prometida.