Tempe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tempe

Instalacións centrais de Tempe.
TipoSociedade Anónima
Fundación1989
MatrizInditex
LocalizaciónElche Parque Empresarial c/ Severo Ochoa, 22.28 03203 Elche - Alacant
FundadorVicente García Torres (presidente)[1]
IndustriaCalzado
Beneficio1.117 millóns de euros (2015)
Número de empregados1.700
Na rede
https://www.tempe.es/
editar datos en Wikidata ]

Tempe é unha empresa do grupo Inditex, adicada á produción e distribución de calzado. A empresa fornece calzado de home, muller e nenos ás oito marcas de Inditex. O 50% da empresa é propiedade do empresario alicantino Vicente García Torres.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Tenda de Tempe en Coruña The Style Outlets Alvedro, Culleredo.

A empresa Tempe foi fundada en 1989 e dedícase ao deseño, fabricación e distribución do calzado para todas as tendas dos formatos comerciais. A primeira colección de calzado chegou ás tendas de Zara con sección de neno en 1990. Ten capacidade en 2007 para producir máis de 25 millóns de pares de zapatos ao ano. Ademais, Tempe presentou a súa primeira colección de complementos en 2006.

A súa sede central está en Elx, un dos principais centros de produción de calzado europeo. Ademais, para subministrar os seus produtos aos distintos mercados creou as plataformas Tempe México (2003), Tempe Brasil (2005) e Tempe Asia (2006). Estas "plataformas" son organizacións autónomas en xestión e recursos que asumen a responsabilidade da produción e a subministración na súa área de influencia.

Ten tendas outlet que xestiona como proxectos de integración social:

  • Outlet Tempe Allariz (Ourense)
  • Outlet Tempe Elche (Alacant)
  • Outlet Tempe Alvedro (Culleredo)
  • Sambil Outlet (Madrid)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Tempe, la empresa de Inditex que no conoces (y que ya tiene ‘outlet’ en Madrid) smoda.elpais.com
  2. "La burocracia frenará más de un año la ampliación de ‘la zapatería‘ de Inditex galicia.economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.