Massimo Dutti
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1985 |
| Matriz | Inditex |
| Localización | Tordera (Barcelona) Avda. Deputación Arteixo A Coruña |
| Fundador | Armando Lasauca |
| Industria | Téxtil |
| Produtos | Roupa e Complementos |
| Beneficio | 1.134 millóns de euros (2012)[1] |
| Número de empregados | 4.000 |
| Páxina web | massimodutti.com |
Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.
Ten a súa sede social en Tordera (Barcelona, España) a diferenza de Inditex que a ten en Arteixo.
Índice |
Historia [editar]
En 1974 Armando Lasauca (o nome do fundador da empresa) con 19 anos chegou de Madrid e comezou a traballar en Barcelona de vendedor de camisas. Un posto que lle ofreceu un amigo do seu pai[2]. Traballo que non coñecía nin tiña experiencia nunha cidade nova para el. Déuselle ben e en pouco tempo tiña o seu propio negocio, fabricando e vendendo camisas a maioristas e comerciantes. Os comezos foron duros pero chegou a vender a El Corte Inglés. En 1985 xa con certo éxito no negocio plantexouse crear unha marca propia, con tendas propias. Buscou un nome pegadizo, algo grande e como lle dicía aos seus: tiña que ser o másimo. Na familia a Armando o coñecían de pequeno como Armanduti. O nome da empresa de deseñador italiano: Massimo Dutti. En poucos anos estaba facturando 4.500 millóns de pesetas. O aumento da facturación fixo necesario atopar máis socios. O grupo italiano Cofir chegou a ter o 49% da empresa e en pouco tempo o 70%. En 1991 Cofir vende a súa participación en Massimo Dutti a Inditex por unha cantidade estimada en 4.000 millóns de pesetas. O resto da empresa foi mercada en 1995 por Inditex por unha cantidade estimada en 2.000 millóns de pesetas. Ese mesmo ano o fundador da empresa deixou a dirección en mans de Inditex e fundou unha nova empresa: Polo Sur que tentou competir con Massimo Dutti sen éxito[3][4].
Notas [editar]
- ↑ Zara, el corazón (cada vez más fuerte) de Inditex Moda.es
- ↑ "El fundador de Massimo Dutti dimite y venderá su participación a la cadena Zara", artigo en La Vanguardia, 15 de novembro de 1991 páx. 63 (en PDF) (en castelán).
- ↑ Massimo Dutti 25 Años, artigo no blog Revisión Interior, 16 de decembro de 2010 (en castelán).
- ↑ "Armando Lasauca dimite como presidente de Massimo Dutti", artigo de Walter Oppenheimer en El País, 15 de novembro de 1991 (en castelán).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web oficial (en varias linguas)
- Páxina web de INDITEX
| Bershka | Kiddy's Class - Skhuaban | Lefties |Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Tempe | Uterqüe | Zara | Zara Home |