Manuel Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Fernández Álvarez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 2010 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador
EmpregadorUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 634750

Manuel Fernández Álvarez, nado en Madrid o 7 de setembro de 1921 e finado en Salamanca o 19 de abril de 2010, foi un historiador español, considerado como autoridade na España do século XVI.

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid (1942). Doutor pola Universidade Central cunha tese sobre Felipe II e Isabel de Inglaterra (1947). Doutor pola Universidade de Boloña (xunto co Premio Vittorio Emanuele, 1950). Investigador do CSIC. Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Salamanca (1965). Fundou o Colexio Universitario de Zamora (1976). Premio Nacional de Historia de España (1985). Membro da Real Academia da Historia (1987). Académico de Mérito da Academia Portuguesa de Historia (1992). Profesor emérito da Universidade de Salamanca e do Colexio Libre de Eméritos.

Dedicou máis de cincuenta anos ao estudo do século XVI, froito dos cales son a súa obra magna Carlos V, el césar y el hombre (VI Premio Don Juan de Borbón ao libro do ano en 2000), o monumental Corpus documental de Carlos V (Salamanca, 1973-1981) ou Cervantes visto por un historiador, Premio Quixote do Ano da Sociedade Cervantina de Esquivias.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

  • Corpus Documental de Carlos V (cinco volúmenes, 1973-1981). Universidade de Salamanca. Ediciones Universidad Salamanca, ISBN 84-600-6720-3
  • Carlos V: (un hombre para Europa), Madrid : Cultura hispánica, 1976. ISBN 84-7232-122-3
  • La Sociedad Española del Siglo de Oro (1984) - 1ª. ed.: Madrid : Editoria Nacional, 1984 - Premio nacional "Historia de España" 1985 - 2ª ed. rev. e aum. en 2 v.: Madrid : Gredos, 1989.
  • Jovellanos, el patriota. Espasa Calpe, 2001. ISBN 84-239-9766-9
  • En Historia de España Menéndez Pidal os volumes:
    • XIX: La España del siglo XVI (1989);
    • XX: La España del Emperador Carlos V (1993), (6ª ed.).
  • Fray Luis de León: la poda floreciente (1591-1991). Espasa Calpe, 1991. ISBN 84-239-2249-9
  • Juana la Loca, la cautiva de Tordesillas (1994).
  • Felipe II y su tiempo (1998) - Madrid : Espasa Calpe, 1998 - A terceira parte da edición orixinal foi reeditada posteriormente en edición de peto co título: Felipe II ([Barcelona] : Booket ; [Madrid] : [Espasa Calpe], 2005).
  • Carlos V, el césar y el hombre. Espasa Calpe, 1999. ISBN 84-239-9752-9
  • El fraile y la Inquisición. Espasa Calpe, 2002. ISBN 84-670-0106-2
  • Casadas, monjas, rameras y brujas: la olvidada historia de la mujer española en el Renacimiento Espasa Calpe, 2002. ISBN 84-670-0266-2
  • El príncipe rebelde,(2000), Espasa Calpe, ISBN 84-239-6492-2
  • Isabel la Católica, (2006), Espasa-Calpe.Madrid,. ISBN 9788467021134
  • Sombras y luces de la España Imperial, 2005, Espasa Calpe, ISBN 84-670-1610-8
  • Cervantes: visto por un historiador. Espasa Calpe, 2005. ISBN 84-670-1864-X
  • El Duque de hierro. Fernando Álvarez de Toledo, III Duque de Alba (2007). Espasa-Calpe,.ISBN 84-670-2625-1
  • Pequeña historia de España (2008) Espasa-Calpe,.ISBN 84-670-2831-9
  • Diario de un estudiante en tiempos de la Guerra Civil, (2007). Espasa-Calpe,.ISBN 978-84-670-2487-6
  • España. Biografía de una nación (2010) Espasa-Calpe,.ISBN 978-84-670-3265-9
  • "La princesa de Éboli", (2009) Espasa Calpe., ISBN 978-84-670-3283-3
  • "La gran aventura de Cristóbal Colón", (2006). Espasa Calpe., ISBN 84-670-2142-X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]