Catarina de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catarina de Aragón

Catarina de Aragón, Princesa de España (16 de decembro, 1485 - 7 de xaneiro, 1536) foi a primeira raíña consorte de Henrique VIII de Inglaterra. Foi tamén a nai da raíña Maria I. Catarina, durante a xuventude, foi efusivamente aclamada pola súa beleza e intelixencia. Conversaba tanto no seu español nativo, tanto en latín, francés e, máis tarde, inglés. Como raíña, o seu tempo foi maioritariamente empeñado en obras de caridade, o que lle conferiu o amor do pobo inglés, sendo, até hoxe, a raíña consorte máis amada por eles. O seu túmulo en Peterborought nunca está sen flores, a pesar de pasados case cinco séculos dende súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catarina naceu en Alcalá de Henares e foi a filla máis nova dos Reis Católicos Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. En 1501, Catarina casou con Artur Tudor, Príncipe de Gales, como contratado dende a infancia dos dous. Ao casar foi vivir para o País de Gales mais pouco tempo despois ambos cairán vítimas dunha epidemia, posibelmente cólera. Catarina sobreviveu, mais Artur non, tornándoa nunha viúva. De acordo co seu propio testemuño o casamento non fora consumado, o que foi a base da dispensa concedida polo papa Xulio II para unha segunda unión co cuñado Henrique, entón Duque de York e herdeiro do trono.

O casamento ocorreu apenas a 11 de xuño de 1509 despois da ascensión ao trono de Henrique VIII. Catarina era extremamente popular para o povo, tanto como Raíña, tanto como Princesa de Gales. En 1513 chegou mesmo a servir como rexente da coroa durante unha ausencia de Henrique VIII a Francia. Catarina deu a luz un rapaz, Henrique, que morreu pouco tempo despois. O seu último parto en 1516 resultou nunha filla, a futura María I de Inglaterra.

Despois de María, Catarina non volveu a concebir, o que deixou a Henrique preocupado coa sucesión. A guerra das rosas como consecuencia de inestabilidade dinástica estaba ainda ben presente na memoria colectiva. Particularmente preocupante para Henrique, un estudoso de cuestións teolóxicas, era a afirmación contida no Levítico de que se un home casa coa muller do irmán, o casamento será estéril. Convencido de que Catarina tería mentido en canto á consumación do casamento con Artur, Henrique VIII comezou a procurar a anulación do casamento en 1527. Ao mesmo tempo, arrancara de Ana Bolena a promesa de que ela sería a súa amante e futura muller.

No Vaticano a toma de decisión durou sete anos. As xestións de Thomas Wolsey non foran ben suficientes. O papa Clemente VII non parecía disposto a conceder a anulación por dúas razóns: primeiro esta sempre foi a doutrina da Igrexa e o comportamento do Papado e despois podería tamén ser visto como unha admisión de erro da Igrexa que concedera validamente, segundo as regras canónicas, a dispensa, segundo porque Clemente era unha marioneta política nas mans do Emperador Carlos V, sobriño de Catarina, a quen non conviña a fin da unión. Canso de esperar, Henrique separouse de Catarina en 1531 e en 23 de maio de 1533, o Arcebispo da Cantuaria Thomas Cranmer anulou a unión sen aprobación do Vaticano. A implantación do Acto de Supremacia e a separación da Igrexa Anglicana da Igrexa de Roma, consumou a anulación.

Catarina foi separada da filla, a princesa María, e exilada da corte para vivir na provincia,en tal caso, con todos os privilexios dunha Princesa de Gales. Mais xamais aceptou o divorcio e continuou a asinar a correspondencia como Catherine the Queen. Catarina morreu o 7 de xaneiro de 1536, vítima dunha doenza prolongada, posibelmente cancro, e foi sepultada na Catedral de Peterborough coas honras dunha Princesa de Gales.


Predecesor:
Isabel de York
Raíña Consorte de Inglaterra
11 de xuño de 1509 - 23 de maio de 1533
Sucesor:
Ana Bolena
Predecesor:
Ana Neville
Princesa de Gales
14 de novembro de 1501 - 2 de abril de 1502
Sucesor:
Carolina de Brandeburgo-Ansbach