Agramonteses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os agramonteses foron os partidarios do antigo bando nobiliario dos Agramont. Esta liñaxe aparece por primeira vez a comezos do século XII con Sancho VII o Forte. Foron rivais dos beamonteses, levando tanto uns como outros á guerra civil de Navarra cando Xoán II de Aragón "o Usurpador" quedou para se o trono á morte da raíña Branca I de Navarra en 1441. Juan II, que era rei consorte debía ceder a coroa ao seu fillo Carlos príncipe de Viana. Os agramonteses apoiáronlle.

Tanto os agramonteses como os beamonteses tiñan alianzas cos bandos das terras vascas occidentais, os agramonteses cos gamboínos e os beamonteses cos oñacinos.

A guerra persistiu á morte de Carlos, Príncipe de Viana en 1461 e á de Xoán II en 1479.

Os agramonteses tiñan como aliados inicialmente aos aragoneses e posteriormente aos franceses. En todo momento apoiaron ao poder que ostentaba a coroa, primeiro a Xoán II e posteriormente aos reis de Catarina de Foix e de Juan de Albret.

A Coroa de Castela aproveitando esta guerra e a súa alianza cos beamonteses conquistou o Reino de Navarra en 1512. Grazas á colaboración dos beamonteses, a conquista realizouse en relativo pouco tempo. Tras a conquista os navarros agramonteses, como é lóxico, foron os que máis sufriron a represión.

Dentro da contradicións desta guerra estaba que Fernando II o católico, rexente de Castela tras a morte de Isabel I, era fillo de Xoán II (o rei que apoiaran) e do seu segundo matrimonio con Juana Enríquez. Outra destas contradicións é que os que inicialmente loitaron por un rei aragonés, que supuña a submisión ao Reino de Aragón, posteriormente foron os que máis loitaron por manter a independencia do Reino. Unha terceira é que Fernando, Rei de Aragón, cedeu Navarra ao Reino de Castela.

Posteriormente houbo tres intentos de reconquistar o reino por parte dos agramonteses con apoio dos franceses. En 1512, en 1516 e en 1521, aínda que, sobre todo no último intento, tamén houbo unha ampla participación de beamonteses.

Na de 1516 foi apresado o líder dos agramonteses o Mariscal Pedro de Navarra no Roncal. Foi encerrado primeiro en Atienza e posteriormente en Simancas. Neste último lugar apareceu o 24 de novembro de 1522 sen vida, apuñalado.

Na de 1521 as tropas navarras agramontesas aliadas con francesas contaron coa colaboración da poboación beamontesa, como no caso de Pamplona onde se sublevaron. Conseguiuse a liberación da totalidade do Reino de Navarra. Posteriormente na batalla de Noáin, xunto a Pamplona, os españois volvierón a facerse co control do reino. Aínda houbo puntos de resistencia (Castelo de Maya, Hondarribia) ata 1524.

Tamén se ocupou a Baixa Navarra aínda que sen asentarse do todo. En 1528 Carlos I renució oficialmente á Baixa Navarra.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

-"Gran enciclopedia Larousse" ISBN 84-320-7370-9

-"Historia Ilustrada de Navarra" ISBN 84-604-7413-5

-Bixente Serrano Izko "Navarra.As tramas da historia" ISBN 84-932845-9-9